peoplepill id: mrcos-s-calveiro
MSC
Spain
1 views today
1 views this week
Marcos S. Calveiro
Spanish writer

Marcos S. Calveiro

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish writer
From
Work field
Gender
Male
Place of birth
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
55 years
Notable Works
Festina lente
 
The details (from wikipedia)

Biography

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor, avogado e hostaleiro galego.

Traxectoria

Neto de feirantes e taberneiros, reside coa súa parella e dous fillos en Vigo, onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo coa novela xuvenil O pintor do sombreiro de malvas, en 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol con Fontán e en 2017 gañou o premio García Barros con O xardineiro dos ingleses.

Rexenta o bar Badía no barrio vigués de Teis.

Obra en galego

Narrativa

  • Festina lente (2008). Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-9782-786-7 (3ª). ePub: ISBN 978-84-9914-606-5. Premio da Crítica de narrativa galega. Foi traducida ao castelán.
  • Settecento (2010). Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9914-084-1. ePub: 978-84-9914-522-8.
  • Fontán (2015) Galaxia. 248 páxs. ISBN 978-84-9865-646-6.
  • O xardineiro dos ingleses (2017). Galaxia. ISBN 978-84-9151-085-7. 444 páxs. Premio García Barros.

Literatura infanto-xuvenil

  • Sari, soñador de mares (2006). Tambre. Foi traducida ao catalán e ao castelán.
  • Rinocerontes e quimeras (2006). Tambre. Foi traducida ao castelán.
  • O carteiro de Bagdad, 2007, Tambre. XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil. Traducida ao castelán en 2007, publicado en Edelvives.
  • O canto dos peixes (2008). Edicións S. M. Premio O Barco de Vapor 2008.
  • O pintor do sombreiro de malvas (2010). Xerais, Fóra de Xogo. 184 pasx. ISBN 978-84-9914-216-6 (10ª). ePub: ISBN 978-84-9914-792-5. Ilustracións de Ramón Trigo. Premio Lazarillo 2009 e premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da AELG. Traducida ao castelán, ao éuscaro e ao inglés.
  • Centauros do Norte (2011). Rodeira-Edebé, Premio Raíña Lupa. Foi traducida ao castelán.
  • Palabras de auga (2012). Xerais, Merlín. Ilustracións de Ramón Trigo. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-441-2 (10ª). ePub: ISBN 978-84-9914-649-2.
  • Todos somos (2013). Xerais, Fóra de Xogo. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-536-5 (7ª). ePub: 978-84-9914-543-3.
  • Raro (2013). Tambre.
  • As palabras poden matar (2015). Xerais, Fóra de xogo. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-811-3. ePub: ISBN 978-84-9914-827-4.
  • Unha casiña branca (2015) Xerais, Sopa de Libros. Ilustracións de Marcos Viso. 128 páxs. ISBN 978-84-9914-915-8.
  • Días azuis, sol da infancia (2017). Tambre. Foi traducida ao castelán.
  • Pablo e as pombas (2018). Ed. Edelvives.

Poesía

  • Cartas do terceiro día (2006). Espiral Maior. Premio de poesía Concello de Carral.

Ensaio

  • Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (2011). Xerais, Fóra de xogo. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-204-3. Biografía e antoloxía de Marcos Calveiro.

Obras colectivas

  • Tres blues e un rap (2008). Galix-Xunta de Galicia.

Obra en castelán

Literatura infanto-xuvenil

  • El samurái del rey. 1. El camino de Levante (2010). Edelvives.
  • El samurái del rey. 2. La calavera del indio (2010). Edelvives. Camino de levante

Premios

  • Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Cartas do terceiro día.
  • Gañador do XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil no 2007, por O carteiro de Bagdad.
  • Premio da Crítica de narrativa galega no 2008, por Festina lente.
  • Premio Barco de Vapor no 2008, por O canto dos peixes.
  • Premio White Ravens no 2008, por O carteiro de Bagdad.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa para adultos no 2008, por Festina lente.
  • Premio Irmandade do Libro no 2009 ao Mellor Libro Galego do 2008, por Festina lente.
  • Premio Lazarillo no 2009, por O pintor do sombreiro de malvas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2010, por O pintor do sombreiro de malvas.
  • Premio Raíña Lupa no 2010, por Centauros do Norte.
  • Premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por O pintor do sombreiro de malvas.
  • Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por O pintor do sombreiro de malvas.
  • Premio Merlín no 2012, por Palabras de auga.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2012, por Palabras de auga.
  • Inclusión nas listas de honra do IBBY no 2013, por Palabras de auga.
  • Premio Frei Martín Sarmiento á mellor obra de 1º e 2º de Educación Primaria no 2015, por Raro.
  • Premio Narrativa Breve Repsol no 2015, por Fontán.
  • Premio García Barros no 2017, por O xardineiro dos ingleses.
  • Premio Arcebispo Xoán de San Clemente no 2018, por O xardineiro dos ingleses.

Notas

  1. "Marcos Calveiro". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-16. 
  2. "«A literatura e a barra do bar non se levan ben»". La Voz de Galicia. 2017-12-13. Consultado o 2020-07-16. 
  3. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-16. 
  4. "Festina lente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28. 
  5. Nicolás, Ramón (2018-03-09). "O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro". Caderno da crítica. Consultado o 2020-07-16. 
  6. "Sari, somniador de mars". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-29. 
  7. "Sari, soñador de mares". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-29. 
  8. "Rinocerontes y quimeras". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-29. 
  9. "El cartero de Bagdad". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-28. 
  10. "El pintor del sombrero de malvas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-28. 
  11. "Malba-kapeladun margolaria". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-28. 
  12. "The Painter with the hat of mallows". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-28. 
  13. "Centauros del Norte". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-28. 
  14. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-16. 
  15. "Días azules, sol de la infancia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-28. 
  16. Reinero, David (30 de outubro de 2018). "O XXIV Premio San Clemente Rosalía Abanca vai para Marcos Calveiro (por O xardineiro dos ingleses), Pedro Mairal (La uruguaya) e Han Kang (A vexetariana)". Praza Pública. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  17. Santiago. S. Montes (31 de outubro de 2018). "Marcos Calveiro gaña o Premio San Clemente en lingua galega". Cultura Galega. Consultado o 5 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 22 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Marcos S. Calveiro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Marcos S. Calveiro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes