peoplepill id: manuel-nunez-gonzalez
MNG
Spain
1 views today
3 views this week
Manuel Núñez González
Rexistrador e poeta galego

Manuel Núñez González

The basics

Quick Facts

Intro
Rexistrador e poeta galego
From
Gender
Male
Place of birth
Vilardevós
Place of death
Vilardevós
Age
31 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Núñez González, nado en Vilardevós o 5 de agosto de 1885 e finado no mesmo concello o 14 de febreiro de 1917, foi un rexistrador e poeta galego.

Traxectoria

Foi alumno de Marcelo Macías. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi rexistrador da propiedade. Publicou algúns poemas como "Alborada", "Os amores da terriña" e "Aurora" (asinados ás veces co pseudónimo Ma-Nu-Gon) en O Tio Marcos d'a Portela e a lenda A namorada cautiva en O Galiciano (que despois recolleu en Salaios). Membro da Compañía de Xesús, tivo que abandonala antes de pronunciar os votos definitivos a causa dunha grave enfermidade que lle causou a morte. Foi elixido membro de número da Real Academia Galega pero non chegou a ler o seu discurso de ingreso, La compañía familiar gallega. Como poeta pode considerarse como un dos epígonos. É tamén autor do folleto "Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX", escrito contra un político da comarca de Verín e publicado en Portugal. Como narrador publicou "O muíño dos tíos Mariquiñas. Conto” en O Tio Marcos d'a Portela. Colaborou en La Opinión de Verín.

Obras

  • Salaios. Versos gallegos, 1895.
  • La poesía popular gallega, 1894.
  • Efusivas, 1908
  • Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Manuel Núñez González is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Manuel Núñez González
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes