Quantcast
peoplepill id: manuel-charlin-gama
MCG
1 views today
1 views this week
Manuel Charlín Gama

Manuel Charlín Gama

Manuel Charlín Gama
The basics

Quick Facts

From Spain
Gender male
Birth 1932
Age 90 years
The details (from wikipedia)

Biography

Manuel Charlín Gama, nado en Vilanova de Arousa en 1932, é un empresario e contrabandista galego. É o patriarca da saga familiar chamada clan dos Charlíns.

Traxectoria

En xullo de 1989 foi detido pola Garda Civil. Trala operación Nécora foi de novo detido, saíndo finalmente absolto. En 1999 foi condenado a 20 anos de prisión por transportar 600 quilos de cocaína desde Colombia en 1989. En 2003 foi condenado pola Audiencia Nacional Española por branqueo de cartos e delitos contra a facenda pública.

Estivo en prisión entre 1990 e o 17 de xullo de 2010, cando foi posto en liberdade. Cumpriu as súas penas no centro penitenciario da Lama e no cárcere de Córdoba.

Está casado e ten seis fillos.

Clan

Artigo principal: Os Charlíns.

En 1996 foron detidos todos os membros do clan e embargados os seus bens por un valor de 30 millóns de euros. A conserveira Charpo (de Vilanova) e a cocedeira Sochar (na Illa de Arousa).

En xullo de 2010, pouco antes da posta en liberdade de Manuel Charlín, varios membros do clan foron detidos na operación policial Repesca.

Manuel Baúlo Trigo, patriarca do clan dos Caneos, foi asasinado a tiros en 1994 por uns sicarios colombianos por delatar ao clan dos Charlíns. O seu fillo, Daniel Baúlo Carballo, foi detido en maio de 2005 na operación Tul.

Manuel Charlín

Está casado con Josefa Pomares.

  • Adelaida Charlín Pomares.
  • Josefa Charlín Pomares. Neta: Noemí Outón Charlín.
  • Teresa Charlín Pomares. Neta: Natalia Somoza Charlín
  • Manuel Charlín Pomares.
  • Melchor Charlín Pomares.
  • Óscar Charlín Pomares.

José Luís Charlín Gama

  • Rosa Charlín

José Benito Charlín Gama

Finado en maio de 2005 por unha trombose con 61 anos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Leiro Conde, B.: Un lugar tranquilo. Ed. Nigra, 1993.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Sections Manuel Charlín Gama

arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes