peoplepill id: luis-rodriguez-miguez
LRM
Spain
1 views today
1 views this week
Luis Rodríguez Míguez

Luis Rodríguez Míguez

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Birth
1932, Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain
Death
27 February 2016, Ourense, Ourense Province, Galicia, Spain (aged 84 years)
Age
84 years
The details (from wikipedia)

Biography

Luis Rodríguez Míguez, nado en Santiago de Compostela en 1932 e finado en Ourense o 27 de febreiro de 2016, foi un médico, profesor universitario e escritor galego, recoñecido por ser o pai do termalismo contemporáneo en Galicia, e creador da expresión "vila termal".

Traxectoria

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse posteriormente cunha tese sobre termalismo e a catalogación dos mananciais na provincia de Ourense. Desenvolveu toda a súa vida profesional en Ourense. Ocupou distintos postos médicos, tanto na atención como na administración. Ocupou a dirección do Centro de Sanidade Ambiental de Galicia, e a xefatura de Sanidade en Ourense. Tamén desenvolveu carreira como profesor universitario, tanto na Universidade de Santiago como na de Vigo, onde deu clase na facultade de Ciencias da Saúde de Ourense.

Dende esa dobre faceta administrativa e médica, promoveu o termalismo na provincia de Ourense, tema sobre o que escribiu libros de carácter histórico. Tamén foi vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía.

Galardóns

  • Medalla de Ouro da vila do Carballiño.
  • Medalla de Ouro da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
  • Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, onde ingresou en 1999.
  • Presidente de honra da Asociación de Ex-alcohólicos de España.

    Obras principais

    • Contos de Vilago de Ribadela (1990, baixo o pseudónimo Lope de Bonaval)
    • El termalismo en Galicia en la década de los ochenta (1988)
    • Estudio histórico bibliográfico del termalismo: Principales surgencias de la provincia de Orense (1995)
    • Ourense termal (2001)
    • Pantón, patrimonio y termalismo (2007)

    Vida persoal

    Era o home da actriz e escritora Mariluz Villar e pai da escritora Alejandra Juno, autora do libro Cuando Compostela subió el telón, un libro sobre os dez primeiros anos de Ditea, o grupo de teatro que Luis Rodríguez Miguez e Mariluz Villar crearon en 1960 en Santiago de Compostela, recoñecido como o comezo do teatro galego contemporáneo.

    Notas

    Véxase tamén

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Luis Rodríguez Míguez is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Luis Rodríguez Míguez
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes