peoplepill id: luis-celeiro
LC
Spain
1 views today
1 views this week
Luís Celeiro
Spaans journalist

Luís Celeiro

The basics

Quick Facts

Intro
Spaans journalist
A.K.A.
Luís Celeiro Álvarez
From
Work field
Gender
Male
Place of birth
Samos, Lugo Province, Galicia, Spain
Age
68 years
The details (from wikipedia)

Biography

Luís Celeiro Álvarez, nado en Samos o 25 de decembro de 1955, é un xornalista galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolveu a súa actividade como xornalista en A Nosa Terra, o semanario Tempo Galego, correspondente de Diario 16 en Galicia, colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais. Entre 1991 e 1996 foi xefe do Gabinete do Conselleiro, primeiro, de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. En xuño de 1996 retomou a súa actividade como director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1997 encargáronlle a dirección da súa publicación xornalística e, en novembro de 1999, a do diario dixital USC. Xornal electrónico, o primeiro xornal diario electrónico das universidades do Estado Español. Actualmente é xefe do Gabinete de Comunicación e profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación nesta mesma Universidade.

Obras

Ensaio

  • El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira, 1989.
  • Xacobeo: bibliografía, 1994.
  • Os Gabinetes de comunicación en Galicia : portavoces de organizacións, fontes abertas ós medios, 1995, Tese de doutoramento. USC.
  • Elías Valiña, 1996, Xunta de Galicia.
  • Fiz Vergara Vilariño, poeta nos eidos da bremanza, 2003, Fundación Caixa Galicia.
  • Elías Valiña, o valedor do Camiño: 1955-1989, 2007, Xunta de Galicia.
  • Elías Valiña, valedor del Camino: 1955-1989, 2007, Xunta de Galicia.

Obras colectivas

  • A Comunicación na empresa e na institución, 2000, Ir Indo.
  • Apuntes sobre a prensa comarcal en Galicia, 1990.
  • Sucasas, 1993.
  • Estratexias dos medios locais galegos na fin de século, 1999.
  • Realidade social galega, 2000.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Luís Celeiro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Luís Celeiro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes