peoplepill id: luis-antonio-chao-gomez
LACG
Spain
1 views today
1 views this week
Luís Antonio Chao Gómez

Luís Antonio Chao Gómez

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Luís Antonio Chao Gómez, nado o 24 de agosto de 1944 en Ribadavia, é un arquitecto e político galego, do PPdeG.

Traxectoria

Licenciado en arquitectura, foi arquitecto municipal do Carballiño e presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense entre 1981 e 1987. Politicamente, figurou na lista de Alianza Popular ao Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense nas Xerais de 1986, pero non saíu elixido. Si que foi escollido concelleiro en Ourense nas eleccións de 1987, e permaneceu no consistorio unha lexislatura, ata 1991. Ao ano seguinte substituíu a Tomás Pérez Vidal como senador de designación autonómica e revalidaría esa condición logo das Xerais de 1993 e de 1996.

Durante ese tempo foi tamén presidente da Xunta Xestora Local de Ourense do Partido Popular (1991-1993). A partir de 1996 pasou a unh segunda fila, da que a piques estivo de ser repescado en 2011, cando o seu nome se deu erroneamente por definitivo nas listas populares ao Senado, se ben finalmente concorreu como suplente nas listas ao Congreso.

Vida persoal

Patrono da Fundación San Rosendo dende 1992, está casado e ten tres fillos.

Notas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Luís Antonio Chao Gómez is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Luís Antonio Chao Gómez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes