Quick Facts
Intro | Spanish jurist | ||
Was | Jurist | ||
From | Spain | ||
Type | Law | ||
Gender | male | ||
Birth | 1945, Cambados, Spain | ||
Death | 5 March 2014 (aged 69 years) | ||
Education |
|
||
Peoplepill ID | luciano-farina |
Biography
Luciano Fariña Busto, nado en Cambados en 1945 e falecido en Pontevedra o 5 de marzo de 2014, foi un avogado e auditor galego, que ocupou o cargo de conselleiro maior do Consello de Contas.
Traxectoria
Foi fillo de Luciano Fariña Couto e Francisca Busto Rodríguez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira como inspector de facenda no Ministerio de Economía, tanto na provincia de Pontevedra como no conxunto de Galicia. Foi auditor no concello de Zaragoza e tamén exerceu de forma privada. Foi designado secretario general técnico da Consellería de Economía e Facenda en 1986, data en que se incorpora á administración autonómica no equipo de Xosé Antón Orza.
En 2000 foi elixido conselleiro maior do Consello de Contas, cargo que ocupou ata 2007. Permaneceu como conselleiro nesta institución a petición do Partido Popular, ata que en 2010 regresou ao cargo de conselleiro maior.
Predecesor: Carlos Otero Díaz |
Conselleiro maior do Consello de Contas 2000 - 2007 |
Sucesor: Antonio López Díaz |
Predecesor: Antonio López Díaz |
Conselleiro maior do Consello de Contas 2010 - 2014 |
Sucesor: José Antonio Redondo López |
Vida persoal
Estivo casado e vivía en Pontevedra.
Notas
- ↑ Benigno López, novo Valedor do Pobo por unanimidade, Galicia Hoxe, 18/7/2007.
- ↑ Luciano Fariña repetirá como conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, CRTVG, 3/9/2010.