peoplepill id: lino-martinez-villafinez
LMV
Spain
1 views today
1 views this week
Lino Martínez Villafínez

Lino Martínez Villafínez

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Place of birth
Marín, Pontevedra, O Morrazo, Pontevedra Province, Spain
Age
77 years
The details (from wikipedia)

Biography

Lino José Martínez Villafínez, coñecido tamén como Lino Villafínez, nado en Marín o 23 de setembro de 1892 e falecido en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1970, foi un pintor galego.

Traxectoria

Sexto fillo do carabineiro Bertoldino Martínez e Dolores Villafines, que eran orixinarios de Santa María de Mourente (Pontevedra). Tivo seis irmáns. Foi bautizado na igrexa parroquial de Santa María do Porto o 3 de outubro do ano do seu nacemento. O seu apelido materno, Villafines, acabou co tempo transformado á súa forma castelá. Desde ben cedo, interesouse pola pintura, datándose os seus primeiros cadros sobre 1913, fundamentalmente mariñas.

En 1924, por mediación de Luis Blanco Rivero-de Aguilar, trasladouse a Santiago de Compostela, onde desenvolveu case toda a súa actividade pictórica. Comezou a traballar como subalterno (enfermeiro e debuxante de quirófano) no Hospital Provincial de Santiago. Durante esta etapa inicial tivo trato con Mariano Tito Vázquez, Francisco Asorey, Castelao, Roberto González del Blanco e Enrique Mayer.

Subvencionado pola Deputación de Pontevedra en 1926, 1929 e 1930, e cunha bolsa de viaxe en 1931, marchou a Madrid, onde alternou a troula coa pintura.

Residiu durante tempadas breves en Vigo, en Rianxo (grazas á axuda de Ángel Baltar Cortés, primeiro, e do seu fillo Ramón Baltar Domínguez, posteriormente) e en Neiro, Sabugueira.

Sobre todo na etapa final da súa vida (1945-1970), con problemas co alcohol e numerosas débedas, viuse na obriga de pintar cada vez con maior rapidez, o que derivou na repetición incesante de temas da paisaxe compostelá e a definición que a crítica fixo del de facer pintura en serie. Foi enterrado no Cemiterio de Boisaca.

Unha rúa compostelá leva o nome de Pintor Lino Villafínez na súa lembranza.

Vida persoal

Casou con María Míguez Dedel (nacida en Sigüeiro) e foi pai do tamén pintor Juan Martínez Míguez, alcumado Vilafíns.

Notas

  1. Rexistro Civil de Marín, tomo 52, páxina 70.
  2. El Pueblo Gallego, 11-2-1970, p. 14.
  3. López Vázquez, José Manuel en Enciclopedia temática de Galicia, tomo V.- Arte, p. 212 (en castelán).
  4. Roberto Qumata: "Miles de gallegos creen tener una obra maestra" El Correo Gallego, 29-7-2007 (en castelán).
  5. El Pueblo Gallego, 12-2-1970, p. 13.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Tomo XLIV (VILAN - Z), voz "VILLAFÍNEZ, Lino", páxina 79.
  • López Vázquez, José Manuel B. e San Ildefonso Rodríguez, Beatriz de: Villafínez 1892-1970. Deputación de Pontevedra; 1998. 115 p. ISBN 84-89690-46-4. Catálogo, coa reprodución de 57 obras de Villafínez, dunha exposición celebrada no Museo de Pontevedra comisariada por Xosé Carlos Valle.
  • Otero Vázquez, Concepción: Vida y obra del pintor Villafínez, tese.
  • Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 90-91. ISBN 84-95364-15-8. 
  • Sobrino Manzanares, María Luisa en Historia del arte gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982, ISBN 84-205-0913-2.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 14 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Lino Martínez Villafínez is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Lino Martínez Villafínez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes