José Soto Reguera
Quick Facts
Biography
José Soto Reguera, nado en Lugo o 11 de agosto de 1881 e finado o 23 de decembro de 1953 foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Cursou os estudos de bacharelato no Real Colegio de Alfonso XII del Escorial e os de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade Libre do mesmo Real Sitio. Foi Director Xeral de Administración Local (1918) e director da Sociedade Hoteles Unidos e conselleiro delegado de Autotrade.
Restauración
Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Lugo (1910-1914) e polo de Viveiro (en sucesivas eleccións de 1914 a 1923).
Ditadura de Primo de Rivera
Avogado da Unión Patriótica. Foi presidente do Ateneo de Madrid de 1926 a 1930 nomeado por Real Orden de 25 de xuño de 1926.
Requerida la Junta de Gobierno anterior de la Casa, y ausente forzoso el Dr. Marañón, preso en la Cárcel Modelo, y ausente también el Dr. Pittaluga, de viaje circunstancial por América, el Sr. Jiménez de Asúa, en nombre de todos sus, compañeros, se negó terminantemente a hacer entrega de los cargos para que fueron designados por la última Junta general.
Requeridos e intirmados nuevamente por el Sr. Soto Reguera a que les dieran posesión, se resistieron formalmente, alegando que el hecho de dar posesión a una urna no elegida libremente por los socios les haría incurrir en responsabilidad ante ésta el día de mañana que les pidan cuentas de su gestión y del patrimonio y caja social..."Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929.
Segunda República
Foi xefe provincial do Bloque Nacional na provincia de Lugo en 1935. Presentouse ás Eleccións xerais de 1936 na Candidatura contrarrevolucionaria (Acción Popular, maurista conservador, Bloque Nacional e agrarios) pola provincia de Lugo, sen obter escano.