peoplepill id: jose-pardo-babarro
JPB
Spain
2 views today
9 views this week
José Pardo Babarro

José Pardo Babarro

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

José Pardo Babarro, nado en Ourense o 10 de xuño de 1911 e finado o 21 de xullo de 1938, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Fillo do propietario dunha fabrica de madeira para mobles. Estudou o bacharelato na Academia Xeral do mestre socialista Manuel Sueiro, antigo empregado na fábrica do seu pai. Obtivo o título de mestre na normal de Ourense, onde foi compañeiro e amigo da poetisa Pura Vázquez e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1932.

Na etapa universitaria vinculouse ao Sindicato de Sanidade da CNT, co seu amigo e compañeiro José Rodríguez Portugal. Dende xaneiro de 1933, publicou as súas colaboracións en "Solidaridad Obrera", A Coruña, que enviaba dende Madrid. Obtivo por oposición a praza de médico interno na Cátedra de Oftalmoloxía da Facultade de Medicina de Madrid, onde traballou dende xullo de 1934 a novembro de 1935, ó tempo que fixo os cursos de doutorado na "Universidad Central" e preparou a tese doutoral. De volta a Ourense, entre maio de 1935 e xullo de 1936, colaborou na prensa ácrata galega, como "Solidaridade Obrera" e "Brazo y Cerebro", neste último encargouse da sección de sexualidade. Os seus artigos tratan da propaganda libertaria, cultura, sexoloxía e divulgación médica. Ó mesmo tempo pasaba consulta na Rúa Progreso, 37, nunha clínica compartida con Serafín Martínez Malvar, na que se aplicaban o desconto do cincuenta por cento aos afiliados da CNT ou os seus familiares, e na súa consulta de oftalmoloxía na mesma rúa, nº 23, 1ª, na casa familiar. Aprobados os preceptivos cursos optativos de doutorado, solicitou a tramitación necesaria para a lectura da súa tese, o que foi aceptado a finais de xuño de 1936, pero no seu expediente académico non hai cualificación da tese nin se atopa depositada na correspondente sección da biblioteca universitaria; quizais nunca chegou a lela.

Ampliou os estudos de doutorado na Universidade Central de Madrid, e ocupou a praza de médico residente por oposición na Cátedra de Oftalmoloxía (1934-1935) e tamén formouse na Clínica do doutor Marañón.

Militante anarquista, formou parte do Sindicato de Sanidade da CNT. Durante a súa estadía en Madrid (1932-1935) mantivo colaboracións escritas no semanario da Confederación Regional Galaica da CNT " Solidaridad Obrera " e no periódico anarquista coruñés " Brazo y Cerebro ", onde se encargaba da sección de Sexualidade.

Ó trunfar a rebelión militar en Ourense, foi enrolado á forza nas tropas fascistas como alférez médico na brigada de Flechas Azules. Ao pouco tempo, e debido aos seus antecedentes políticos, foi trasladado á fronte de combate. Morreu pola explosión dunha bomba en outubro de 1938, aínda que outras versións afirman que foi asasinado polos rebeldes.

Tampouco hai coincidencia sobre o lugar onde ocorreu a morte, si na fronte de Levante, como lles dixeron aos familiares, ou na de Asturias. Aos dous meses entregáronlles unha caixa metálica co cadáver, que fue depositada sen abrir no panteón familiar do cemiterio de Ourense.

O seu pai non quixo celebrar a habitual homenaxe do exército, aínda que se publicaron necrolóxicas na prensa xeral e médica. Como era habitual, foi ascendido de forma póstuma e a súa familia recibiu a correspondente pensión.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Pardo Babarro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Pardo Babarro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes