peoplepill id: jose-maria-monterroso-devesa
JMD
Spain
1 views today
1 views this week
José-Maria Monterroso Devesa

José-Maria Monterroso Devesa

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
José-Maria Monterroso Devesa
The details (from wikipedia)

Biography

José-Maria Monterroso Devesa-Juega, nado na Coruña o 10 de novembro de 1944, é un escritor galego.

Traxectoria

Viviu no Uruguai dos 6 aos 19 anos, onde iniciou os estudos de Dereito, en Montevideo. Retornado á Coruña, obtén a praza de funcionario, e, tras varios destinos (Madrid, Cáceres e Xixón), vive nesta cidade desde 1973, aínda que compartindo a residencia con Uruguai.

Foi presidente da Agrupación Cultural O Facho entre 1988 e 1991, e socio fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua.

Obras

Poesía

  • Cara ó lonxe, noite adiante, 1973, A Coruña, edición do autor. Edición bilingüe.
  • Berro (letras pra cantigas), 1976, Montevideo, edición do autor. Co pseudónimo de Andrés Terra.
  • Nau enfeitizada, 1979, Edicións do Castro.
  • Aquela luz, 1997, Espiral Maior.
  • 20 sonetos e meio, 2000, edición en internet.

Ensaio

  • Galegos e galeguismo, 1979, Escola Aberta.
  • A emigración en Castelao (O tema da emigración no Castelao gráfico), 1987, Patronato da Cultura Galega de Montevideo.
  • Apelidos galegos, 1990, AGAL.
  • O cemitério de Santo Amaro, 1992, Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña.
  • Apelidos galego-portugueses no mundo, 1993, AGAL, separata de Agália.
  • Mil e pico de nomes galegos do Uruguay, 2009, Montevideo, edición do autor.

Obras colectivas

  • O galego hoxe, 1978.
  • As rúas da Cruña, 1978, Escola Aberta.
  • De amor e desamor, I, II, 1984, 1985, Edicións do Castro.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
  • A Coruña na cultura galega, 1991, A. C. O Facho.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
  • De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios

  • Primeiro premio no VI Encontro Cultural Minho-Galaico de Guimarães no 1975, por Desvida e morte do Bentos Pardiñas (conto).
  • Premio de ensaio Xesús Canabal do Patronato da Cultura Galega de Montevideo no 1986, por A emigración en Castelao.
  • Premio da Asociación de Libreiros na Coruña como animador cultural no 1993.
  • Vieira de Prata no 2004 do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, por toda a súa traxectoria.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José-Maria Monterroso Devesa is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José-Maria Monterroso Devesa
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes