peoplepill id: jose-antonio-fernandez-o-merlo
JAFOM
Spain
1 views today
1 views this week
José Antonio Fernández O Merlo"""

José Antonio Fernández O Merlo"""

The basics

Quick Facts

From
Gender
Male
Birth
Age
60 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Antonio Fernández, alcumado "O Merlo", nado en 1865 no barrio de San Caetano en Santiago de Compostela e falecido en Ferrol o 11 de xuño de 1925, foi un limpabotas, repartidor de xornais, vendedor de lotaría e mesmo xornalista galego, recoñecido como un dos personaxes populares (tipos populares) máis salientables da Galicia de finais do século XIX e principios do século XX.

Traxectoria

Fillo de pai descoñecido, a súa nai chamábase Benita. José Antonio naceu cunha certa discapacidade nunha perna, o que lle levou desde moi novo a gañarse a vida como limpabotas, vendedor de lotaría e de xornais. Consta que parte fundamental da súa clientela estaba formada polo corpo escolar da Universidade, a quen lle limpaba o calzado por unha peseta con vinte e cinco céntimos ao mes, segundo unha oferta que publicou en 1896.

A primeira noticia publicada en prensa sobre O Merlo data de decembro de 1888, cando o que daquela xa era limpabotas interviu nunha cea no Hospicio de Santiago de Compostela pronunciando "elocuentes discursos" dando os parabéns pola comida de Nadal obsequiada aos internos ás autoridades municipais, á nai superiora do Hospicio, ás irmás, etcétera. Semellaba que encontrara outro xeito de gañar diñeiro: o de facer rir á xente coa súa maneira de ser e falar, coma se fora un bufón moderno. Porén, esta verborrea, ou o seu carácter contestatario contra todos os que se excedían da risa, pasando ao escarnio ou mesmo á humillación, procuroulle non poucos episodios violentos ao longo da súa vida nos que levou con moito, a peor parte. Así, en xaneiro de 1890, recibiu unha malleira "brutal" dun mozo de San Caetano, aproveitándose da débil constitución de José Antonio. En decembro dese ano participou e actuou, de novo, nunha cea de Nadal coas autoridades compostelás no Asilo de Santiago (no convento de Santo Agostiño), facendo rir aos comensais cos seus "brinde e castizos discursos". Daquela, O Merlo xa formaba parte do imaxinario popular compostelán coma un dos tipos populares máis recoñecibles da cidade e mesmo comezaba a selo fora dela. Especialmente serían os estudantes da Universidade os que, a través de chanzas, xogos e esmolas, lle procuraron un maior apoio e fama. O propio Merlo recoñecería o cariño dos estudantes na prensa da época. A súa popularidade fíxoo protagonista de chistes, mesmo alentados polo propio Merlo, onde se retrataba como unha persoa boba, de poucas luces. Tamén a prensa voceaba sen piedade estes chistes, incrementando así a súa exposición ao escarnio público.

En agosto de 1891 fixo a súa primeira saída de Compostela, co fin de gañarse a vida. A cidade elixida foi Vigo, pero non parece que ficara moito tempo nela porque ao ano seguinte xa figuraba de novo en Compostela.

O 27 de xuño de 1893 casou na igrexa de San Miguel dos Agros (Santiago) cunha panadeira de máis idade ca el. A voda foi accidentada. En primeiro lugar, a cerimonia tivo que trasladarse ao serán debido a un enfado do Merlo. Logo, xa rematada a voda, a noiva foi beliscada e golpeada pola multitude, mentres O Merlo foi perseguido por unha turba de nenos pola rúa da Troia. Novamente refuxiados na igrexa, tiveron que saír baixo a protección da garda municipal.

En 1895 nunha viaxe á Coruña sufriu un accidente ao ser atropelado no Cantón Grande pola carruaxe de Ramón Astray Labarta, recibindo unha ferida na cabeza.

Notas e referencias

Véxase tamén

Bibliografía

  • Labarta Pose, Enrique: Tipos populares. El Merlo, artigo publicado no Tomo III da revista Pasatiempos. Santiago de Compostela, febreiro de 1894.

Outros artigos

  • El Merlo Blanco

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Antonio Fernández O Merlo""" is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Antonio Fernández O Merlo"""
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes