Quantcast
peoplepill id: jaime-blanco-nunez
JBN
1 views today
1 views this week
Jaime Blanco Núñez

Jaime Blanco Núñez

Jaime Blanco Núñez
The basics

Quick Facts

From Spain
Gender male
Birth 2 January 1940
Age 81 years
The details (from wikipedia)

Biography

Jaime Blanco Núñez, nado na Coruña o 2 de xaneiro de 1940, é un ex futbolista galego. Xogaba de dianteiro. É irmán do tamén futbolista Antonio Blanco Núñez.

Traxectoria

Na tempada 1958–59 iniciouse co Deportivo da Coruña en Segunda División, sen xogar ningún partido de liga. Na tempada 1960–61 foi un habitual no once coruñés, adestrado por Jesús Barrio. Dúas campañas máis tarde lograría o ascenso á máxima categoría, nun conxunto dirixido por Juan Otxoantezana. Así, na tempada 1962–63 debutou en Primeira División (nunha campaña que o club coruñés tivo tres adestradores), descendendo a Segunda ese mesmo ano.

Mediada a tempada 1963–64 fichou polo Real Oviedo, de Primeira División, volvendo ao Deportivo na campaña seguinte, que novamente descendeu a Segunda División.

Na tempada 1965–66 fichou polo Real Madrid, onde en dúas campañas non xogou ningún partido. O club branco logrou esa campaña a Copa de Europa e na seguinte o título de Liga.

Mediada a campaña 1966–67 fichou polo Hércules CF, de Primeira División, onde xogou 8 partidos. Na campaña seguinte volveu novamente ao Real Madrid, onde non contou con minutos, e o club branco logrou outro título de Liga.

Mediada a tempada 1968–69 fichou polo Real Betis, de Primeira División, onde xogou un partido e o equipo descendeu a Segunda División. Na seguinte campaña no club andaluz non xogou ningún partido.

Palmarés

Real Madrid
  • Copa de Europa: 1965–66
  • Liga de España: 1966–67, 1967–68

Véxase tamén

Ligazóns externas



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes