Quantcast
peoplepill id: grigoris-buniatian
GB
1 views today
1 views this week
Grigoris Buniatian

Grigoris Buniatian

Grigoris Buniatian
The basics

Quick Facts

A.K.A. Grigoris
From Ukraine
Gender male
Birth 26 August 1946, Kharkiv, Ukraine
Death 7 March 2015 (aged 68 years)
Star sign VirgoVirgo
The details

Biography

Grigoris Buniatyan (en armenio: Գրիգորիս Բունիաթյանը), nado en Ēǰmiaçin (Armenia) o 26 de agosto de 1946 e finado en Kharkiv (Ucraína) o 7 de marzo de 2015, foi un eclesiástico armenio-apostólico, arcebispo de Ucraína.

Traxectoria

Primeiros anos

Naceu o 26 de agosto de 1946 en Ēǰmiaçin. Completou a súa educación primaria e secundaria na súa vila natal, e en 1960 ingresou no seminario de Ēǰmiaçin. En 1965 foi ordenado diácono, e entre 1966 e 1967 continuou os seus estudos na Academia Teolóxica de Moscova. Á súa volta a Armenia foi secretario da publicación oficial da Santa Sé de Ēǰmiaçin até 1968.

A comezos de 1969 foi asignado á igrexa de San Gregorio o Iluminador de Òrǰonikije. No mesmo ano foi ordenado sacerdote, e posteriormente serviu na comunidade armenia de Rostov do Don. En 1971 marchou a Francia para continuar os seus estudos na Universidade Católica de Lión, servindo na igrexa de Santiago de Lión. Entre 1973 e 1975 realizou o servizo militar no Exército Vermello. Continuou os seus estudos entre 1975 e 1979 na Universidade Católica de París, exercendo o seu ministerio na catedral de San Xoán Bautista. Volveu a Armenia en 1979 e foi nomeado decano do seminario de Ēǰmiaçin durante o curso 1979-1980.

Episcopado

En 1981 trasladouse á Arxentina para exercer de párroco da catedral armenia de Buenos Aires, e en 1982 foi elixido primado da diocese da Arxentina. Recibiu a consagración episcopal de mans de Vazgen I en 1983.

En 1990 foi nomeado primado da diocese de Širak. En 1992 inaugurou a Academia Teolóxica de Širak en Gyumri, e foi elevado ao rango de arcebispo. Entre 1998 e 1999 foi administrador da Igrexa en Moldavia.

Entre 1999 e 2001 foi vigairo xeral da diocese de Armavir. En 2001 foi nomeado primado da diocese de Ucraína.

Finou no cargo o 7 de marzo de 2015, nunha visita a Kharkiv.

Notas

  1. "Archbishop Grigoris Buniatyan, head of Armenian Church Diocese of Ukraine died". Religious Information Service of Ukraine (risu.org.ua) (en inglés). 7 de marzo de 2015. Consultado o 29/10/2018. 
  2. "ՎԱԽՃԱՆՎԵԼ Է ՈՒԿՐԱԻՆԱՅԻ ՀԱՅՈՑ ԹԵՄԻ ԱՌԱՋՆՈՐԴ Տ. ԳՐԻԳՈՐԻՍ ԱՐՔԵՊԻՍԿՈՊՈՍ ԲՈՒՆԻԱԹՅԱՆԸ". Hrparak.am (en armenio). 8 de marzo de 2015. Consultado o 30/10/2018. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 23 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
Reference sources
References
https://risu.org.ua/en/index/all_news/orthodox/armenian_ac/59379/
https://www.hraparak.am/posts/591fa8e8e3d84d0d37fd1813/%D5%BE%D5%A1%D5%AD%D5%B3%D5%A1%D5%B6%D5%BE%D5%A5%D5%AC-%D5%A7-%D5%B8%D6%82%D5%AF%D6%80%D5%A1%D5%AB%D5%B6%D5%A1%D5%B5%D5%AB-%D5%B0%D5%A1%D5%B5%D5%B8%D6%81-%D5%A9%D5%A5%D5%B4%D5%AB-%D5%A1%D5%BC%D5%A1%D5%BB%D5%B6%D5%B8%D6%80%D5%A4-%D5%BF-%D5%A3%D6%80%D5%AB%D5%A3%D5%B8%D6%80%D5%AB%D5%BD-%D5%A1%D6%80%D6%84%D5%A5%D5%BA%D5%AB%D5%BD%D5%AF%D5%B8%D5%BA%D5%B8%D5%BD-%D5%A2%D5%B8%D6%82%D5%B6%D5%AB%D5%A1%D5%A9%D5%B5%D5%A1%D5%B6%D5%A8
arrow-left arrow-right arrow-up arrow-down instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube stumbleupon comments comments pandora gplay iheart tunein pandora gplay iheart tunein itunes