peoplepill id: francisco-rodriguez-otero
FRO
Spain
1 views today
1 views this week
Francisco Rodríguez Otero
Spanish journalist

Francisco Rodríguez Otero

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish journalist
From
Work field
Gender
Male
Place of birth
Tomiño, Spain
Place of death
Mondariz, Spain
Age
34 years
The details (from wikipedia)

Biography

Francisco Rodríguez Otero, coñecido como Paquiño de Figueiró, nado en Tomiño o 1 de novembro de 1901 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Farmacéutico de profesión, foi un político agrarista que presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño, e foi coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929). Directivo da Sociedad Aurora del Porvenir en Tomiño. Ocupou o cargo de Secretario do Xulgado de Paz de Tomiño. Foi concelleiro en Tomiño en 1931. Foi membro do Partido Galeguista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acompañou a Antón Alonso Ríos a Tui e A Guarda en calidade de enlaces entre os diferentes cComités de Defensa da República do baixo Miño. Cando entraron as tropas en Tui fuxiu a Portugal o día 25 de xullo e presentouse á policía lusa, pero foi entregado á policía española polo posto internacional de Tui. Detido o 29 de xullo, o 6 de agosto foi internado no Seminario de Tui, que funcionaba como prisión. Tiña causa aberta en Vigo por traizón. O 4 de outubro de 1936 foi sacado da prisión e levado polos falanxistas ata Mondariz onde foi paseado con Hipólito Gallego Camarero, Manuel Piñeiro Zúñiga, Domingo Paramos Nuñez e Manuel Pérez Besada, aparecendo o seu corpo tirado na cuneta.

Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931), colaborador de Heraldo Guardés e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).

Foi xogador de fútbol do Club Goian. En 1927 casou con Isaura Gómez Pérez.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Gallardo, Ángel (2008). "A represión franquista no concello de Tui". O Miño, unha corrente de memoria. Actas das Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006, 2007). Ponteareas: Alén Miño. p. 91. ISBN 978-84-930739-8-5. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Francisco Rodríguez Otero is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Francisco Rodríguez Otero
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes