Quantcast
peoplepill id: emilio-salgado-urtiaga
ESU
1 views today
1 views this week
Emilio Salgado Urtiaga

Emilio Salgado Urtiaga

Emilio Salgado Urtiaga
The basics

Quick Facts

From Spain
Gender male
Birth 6 January 1897
Death 27 June 1970 (aged 73 years)
The details (from wikipedia)

Biography

Emilio Salgado Urtiaga, nado en Punxín o 6 de xaneiro de 1897 e finado en Madrid o 27 de xuño de 1970, foi un arquitecto e político galego.

Traxectoria

De neno trasladouse coa familia a Vigo onde os seus pais abriron un establecemento comercial. Realizou os estudios superiores na Escola de Arquitectura de Madrid e obtivo o título en 1923. En xaneiro de 1924 fíxose coa praza de arquitecto municipal de Pontevedra, cargo que desempeñou ata os primeiros anos da década de 1930. Como arquitecto municipal redactou un plan xeral de aliñacións e rasantes que presentou ao Concello a principios de outubro de 1926. Tamén trazou o proxecto de escalinatas e rotonda da Alameda.

Nesta época mantivo aberto un estudio de arquitectura en Vigo. Membro do Partido Radical, en outubro de 1935 foi elixido alcalde de Vigo. Durante o seu mandato impulsou a constitución do Museo de Castrelos.

No seu mandato como alcalde xurdiu na cidade unha polémica en torno ao proxecto urbanístico de Ensanche e Reforma Interior que trazara Antonio Palacios Ramilo en 1932 e fora aprobado definitivamente polo Ministerio de Traballo e Sanidade en xullo de 1934. Ante a enérxica oposición que suscitou a aprobación, Salgado foi o único técnico que mantivo o apoio ao proxecto de Palacios. Salgado foi destituído polo Gobernador civil a finais de decembro de 1935. O Proxecto foi finalmente rexeitado pola primeira corporación xurdida da guerra civil e anulado definitivamente en 1939.

A súa obra está influenciada por Antonio Palacios, polo que sentiu unha profunda admiración.

Durante os últimos anos da súa vida residiu en Madrid.


Predecesor:
Ángel Campos Varela
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1934 - 1935
Sucesor:
Ángel Campos Varela

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes