peoplepill id: elvira-bao-maceiras
EBM
Spain
1 views today
1 views this week
Elvira Bao Maceiras

Elvira Bao Maceiras

The basics

Quick Facts

From
Gender
Female
Birth
Death
1971 (aged 81 years)
Age
81 years
The details (from wikipedia)

Biography

Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada en 1971, foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.

Traxectoria

En 1906 obtivo o título de Mestra Elemental na Escola Normal da Coruña. Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918 e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación. Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jean. Como consecuencia do seu activismo político, logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público. En 1945 puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Fóra até que un desprendemento de retina lle impediu o exercicio da profesión.

Vida persoal

Casou con Bernardino Varela do Campo e foi nai de Elvira Varela Bao.

Recoñecementos

O 8 de marzo de 2017 inaugurouse na Coruña unha praza co seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Elvira Bao Maceiras is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Elvira Bao Maceiras
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes