Quick Facts
Intro | Spanish journalist |
Is | Journalist |
From | Spain |
Type | Journalism |
Gender | male |
Birth | O Carballiño, Spain |
Peoplepill ID | eladio-vazquez-ferro |
Biography
Eladio Vázquez Ferro, nado no Carballiño, foi un xornalista galego.
Traxectoria
Emigrou a Cuba. Foi un dos redactores da revista literaria Juvencia (1922). Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega en novembro de 1922. Colaborou en Galicia, Eco de Galicia, El Progreso de Asturias, DM, Athenea e Chic. Directivo da Asemblea de Apoderados do Centro Galego da Habana, foi secretario do partido Afirmación Gallega (1937). En 1936 fundou, coa colaboración de Adolfo Víctor Calveiro, Cultura Gallega, da que foi subdirector e onde publicou artigos, relatos e poemas. Despois dirixiu Lar (1940-1941), órgano político de Afirmación y Defensa, simpatizantes do franquismo. Tamén colaborou en Cultura Hispánica e La Vida Gallega en Cuba (1951). Foi presidente da Sección de Bellas Artes do Centro Galego. Visitou Galicia en 1953. Marchou despois a Miami. Foi correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal
Casou con Eloisa Filgueiras Parapar en 1924.
Véxase tamén
Bibliografía
- Domingo Cuadrillero, Jorge (2002). Renacimiento, ed. Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla. p. 169. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 7 de marzo de 2014.