peoplepill id: anton-lopo
AL
Spain
1 views today
1 views this week
Antón Lopo
Spanish journalist

Antón Lopo

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish journalist
From
Work field
Gender
Male
Place of birth
Monforte de Lemos, Lugo Province, Galicia, Spain
Age
63 years
The details (from wikipedia)

Biography

Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.

Traxectoria

Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.

É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.

Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).

No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.

Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte.

Obra

Poesía

  • Sucios e desexados, 1988, Sotelo Blanco, considerado por parte da crítica contemporánea como precursor dalgunha das liñas da poesía dos 90, en especial da poesía feminina de temática homoerótica.
  • Manual de masoquistas, 1990.
  • Á sombra dos rapaces mexando, 1995.
  • Libro dos amados, 1996, poemario onde predomina o homoerotismo e o emprego dunha linguaxe do cotián, antirretórica.
  • OM, 1996, Espiral Maior
  • Pronomes, 1998. Voz forte que enuncia a representación hierática dun magma salvaxe: o amor, a morte, o desexo, a desintegración da memoria persoal e colectiva e a labilidade do vivido como fabulación rememorada. O poemario dá cabida, por primeira vez na historia da tradición lírica galega, a un tipo de desexo, o S/M, que entronca ao autor cunha corrente de pensamento próxima á teoría Queer.
  • Fálame, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poemario áspero e descarnado pero tamén visceral e humano. Trata temas amargos como a dificultade das relacións interpersoais, a incomunicación sexual ou a imposíbel felicidade etc.
  • Corpo, 2018, Xerais

Narrativa

  • As reliquias, 1991.
  • O riso de Isobel Hill, 2000.
  • Ganga, 2001.
  • Unha terraza en propiedade.
  • Obediencia, 2010, Xerais.
  • Extraordinario, 2018, Galaxia.

Teatro

  • Os homes só contan ata tres, 2005.

Ensaio

  • Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía, 1992, Xerais.
  • Guía de Santiago de Compostela, 1993.
  • Mishima, que existiu nunca, 1995.
  • As tres mortes de Lorenzo Varela, 2005.
  • A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, 2010.
  • A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, 2011.

Traducións

  • A balada do cárcere de Reading de Oscar Wilde, 2003, Laiovento. Con Amalia Salvador.

Obras colectivas

  • Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais.
  • Chineses, 1996, O Correo Galego.
  • A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios

  • Premio Esquío no 2003, pola obra Fálame.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2004, pola obra Os homes só contan ata tres.
  • Premio García Barros no 2010, pola obra Obediencia.
  • XIII Premio de Xornalismo Johán Carballeira.
  • Premio Narrativa Breve Repsol no 2018.
  • Premio da Crítica española 2018 por Extraordinario.

Notas

  1. "Lopo gaña o García Barros". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2010. 
  2. "Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  3. "Tags premios-da-critica-espanola - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Consultado o 2019-04-06. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 22 Jul 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antón Lopo is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
Antón Lopo
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes