Quantcast
peoplepill id: ana-cibeira
AC
1 views today
1 views this week
Ana Cibeira

Ana Cibeira

Spanish writer
Ana Cibeira
The basics

Quick Facts

Intro Spanish writer
Is Writer
From Spain Venezuela
Type Literature
Gender female
Birth 1977, Caracas, Venezuela
Age 44 years
The details (from wikipedia)

Biography

Ana Cibeira Vázquez, nada en Caracas en 1977, é unha poeta e artista do collage galega.

Traxectoria

Nada en Caracas pero criada en Santiago de Compostela, reside en Madrid. É autora de tres poemarios en galego. Desde 2003 publica poemas en diversas revistas e fanzines de todo o Estado sendo incluída en antoloxías de poesía españolas. Forma parte do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. É editora de zines artísticos e creou o selo underground Corazón Salvaxe con Belinda Sobrado, baixo o que publicaron: Zapatiños motor, Rápido, rápido -xunto ao artista HAZ-, A vida violenta. Ten expostos collages, fotomontaxes e videopoemas en festivais ao longo da península.

Interesada na fusión das artes, formou parte da banda de collage musical Humor vítreo con Jose Atomizador (2010-2012), e dende o 2014 mantén con Ágata Ahora o proxecto Simulacro, onde verten o recitado dos textos literarios do seu libro Punk secreto mesturándoos con música e outros sons, cunha clara intención transmedia para que o resultado sobrepase o literario.

Filóloga de formación, escribe recensións literarias en distintos medios, colabora en proxectos de edición, tradución e organización de obradoiros literarios, e ten traballado como profesora de literatura e libreira.

Ideou e dirixe o ciclo de recitais de poesía en Tinta Roja, onde a poesía galega ten un papel principal. Forma parte do equipo do magazine radiofónico Sangre Fucsia (Radio Ágora Sol / Eskalera Karakola) do que é cofundadora.

Obras

Poesía

  • Pintalabios, Toxosoutos, 2011
  • A morta, Barbantesa, 2012
  • Papilas analógicas. Paisaxe sur text (libro colectivo con Davidia Martín Saornil & Elia Maqueda), Progresele/ Diminutos Salvamentos, 2014

Antoloxías

  • Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008
  • Marés nos pousos do café. Mostra de poetas de expresión galega en Madriddo (Grupo Bilbao), Edición de Xavier Frías, 2010
  • Sétimo andar, poesía alén, A porta verde do sétimo andar, 2010
  • Pegadas, A porta verde do sétimo andar, 2011
  • Madrid foi unha praia de baleas entre néboas. Poemario colectivo do Grupo Bilbao, Edición de Xavier Frías, 2011
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid (Bilingüe), Editorial Amargord, 2012
  • Esferografías. Poemario colectivo do Grupo Bilbao, Lastura Ediciones, 2014
  • Fisterras. Antoloxía do Grupo Bilbao, Lastura Ediciones, 2015.

Ilustración

  • Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira, 2010, Caldeirón.
  • Desobediencia de Rosa Enríquez, A porta verde do sétimo andar, 2011.
  • Vitalie Rimbaud. Viaje a Londres, Edición de David Gonzalez, Baile del Sol, 2012.

Obras traducidas ao castelán

Antoloxías

  • Transgeneración 1.0. Encuentro de jóvenes poetas españolas, Centro Cultural Generación del 27, 2007.
  • Bilbao. Antología de poesía galega en Madrid (Bilingüe), Editorial Amargord, 2012.
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, Edición de Antonino Nieto, Endymion, 2012.
  • Serial. Antología poética sobre series de televisión, Edición de Ana Santos Payán y Luna Miguel, El Gaviero, 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 24 Jun 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Reference sources
References
http://anacibeira.blogspot.com.es/
https://web.archive.org/web/20150705161034/http://www.conoceralautor.com/libros/ver/NTE4NA==
//www.worldcat.org/identities/containsVIAFID/313245166
https://viaf.org/viaf/313245166
http://datos.bne.es/resource/XX4869860
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes