peoplepill id: alberto-vilanova
AV
Spain
1 views today
11 views this week
The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.

Traxectoria

Cursou bacharelato e Maxisterio en Ourense, e Dereito e Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid. Foi mestre en Almorfe e Trasmiras. Na República militou no republicanismo de esquerda, dirixu as Juventudes de Acción Republicana de Ourense e colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 estivo preso no mosteiro de Oseira. Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados de Chantada e Ourense, onde tamén colaborou na revista Posío. Como consecuencia da invitación do Centro Ourensán para unhas conferencias, trasladouse a Buenos Aires en 1954. En Arxentina conseguiu a praza de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Nacional da Plata. Entre 1956 e 1959 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Rexentou tamén as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional do Nordeste. Foi presidente da Comisión de Cultura do Consello de Galiza. Retornou a Galicia en 1982.

Sepultura de Alberto Vilanova, no cemiterio de San Francisco (Ourense).

Vida persoal

Casou en Sanín (Ribadavia) con Nieves Fernández en marzo de 1936.

Obras

  • Vida y obra de Juan Antonio Saco y Arce.
  • Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo.
  • Ensayo bio-bibliográfico sobre Teodosio Vesteiro Torres, 1955.
  • Los gallegos en la Argentina, 1966, Ediciones Galicia.

Premios

Galardoado co Premio Nacional de Historia en 1936 pola obra El Padre Mariana y la historiografía de su época e o de Socioloxía polo ensaio Joaquín Costa o el gran dolor nacional.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dicionario biográfico de Galicia, t. 3.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Alberto Vilanova is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Alberto Vilanova
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes