peoplepill id: alberte-arauxo-vilar
AAV
Spain
1 views today
2 views this week
Alberte Araúxo Vilar

Alberte Araúxo Vilar

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Alberte Araúxo
From
Gender
Male
Birth
Age
63 years
The details (from wikipedia)

Biography

Alberte Araúxo Vilar, nado en Pontevedra en 1961, é médico psiquiatra.

Traxectoria

Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED). Realizou a especialidade de psiquiatría no Hospital Clínic i Provincial de Barcelona. Foi profesor de psicopatoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente é psiquiatra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e profesor asociado de Clínica Psiquiátrica na USC. Autor de numerosos traballos de investigación no eido da clínica e terapéutica psiquiátrica, así como de libros e capítulos sobre a súa especialidade médica. Promotor do Movemento Galego da Saúde Mental.

Durante a súa etapa de estudante militou no sindicato estudantil nacionalista ERGA e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Afiliado a diferentes organizacións sindicais e políticas nacionalistas galegas (INTG, AN-PG, UMG e UPG), é actualmente militante da Confederación Intersindical Galega (CIG) -onde promoveu a creación da Agrupación Médica de CIG-Saúde- e do Bloque Nacionalista Galego -dentro da agrupación política "Abrente-Esquerda Democrática Galega"-. Foi membro da Comisión Nacional de Sanidade do BNG, como responsábel da área de saúde mental.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Alberte Araúxo Vilar is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Alberte Araúxo Vilar
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes