peoplepill id: xurxo-fernandes
XF
Spain
1 views today
1 views this week
Xurxo Fernandes
Musician and researcher of Galician folklore

Xurxo Fernandes

The basics

Quick Facts

Intro
Musician and researcher of Galician folklore
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Residence
Meirás, Sada, A Coruña Province, Spain
Audio
Spotify
The details (from wikipedia)

Biography

Xurxo Fernandes García, tamén coñecido como Jako el Muzicante, nado na Coruña, é un músico e investigador da música tradicional galega e sefardí.

Traxectoria

Concerto na vila de Sada (2022)

Durante os primeiros anos da década de 1990, movido por intereses lingüísticos, comezou a percorrer as aldeas galegas realizando traballos de recolla etnográfica. Entrou deste xeito en contacto co mundo das pandeireteiras rurais, mulleres de idade que posuían aínda viva na memoria toda a riqueza do patrimonio musical galego de tradición oral. Dedicouse a estes traballos de campo durante as dúas décadas seguintes. Un tempo no que tamén impartiu aulas de canto, baile e pandeireta por todo o país, dirixindo grupos de cantareiros en lugares como Tordoia,Teixeiro, ou A Coruña.

En 2013 formou con Henrique Peón, un dos referentes no mundo da investigación etnográfica galega, o grupo de música tradicional Radio Cos. Nesta formación os dous pandeireteiros uniron a experiencia de anos de recollidas, e con el percorreron escenarios de toda Europa. O grupo publicou dous traballos discográficos: Radio Cos no ano 2013 e Pasatempo en 2017, e foi un dos grupos galegos escollidos para participar na edición de 2016 da World Music Expo.

No 2017, con membros da asociación cultural coruñesa Xacarandaina, publicou o videoclip "Xunta en Corcubión". Un traballo no que lembra a histórica viaxe do musicólogo estadounidense Alan Lomax a Galiza no ano 1952. Tamén no eido da música máis tradicional, Xurxo publicou en 2019, acompañado polo músico Pedro Lamas, o EP Altaplana, coa súa versión de catro prezas da música popular.

Jako el Muzicante

De xeito paralelo aos seus traballos de campo galegos, comezou o seu interese por outras culturas minorizadas, especialmente pola lingua e a música serfardí. Iniciou daquela unha investigación que o levou a percorrer diversos países da conca do Mediterráneo, principalmente os pertencentes noutrora ao Imperio Otomán. Nestas pescudas achou evidentes ligazóns entre a tradición oral destes países e a galega. Uns vínculos nos que xa tiñan reparado outros investigadores da música galega de raíz como Mercedes Peón ou Dorothé Schubarth.

Coa bagaxe destas investigacións, Xurxo creou un alter-ego: Jako el Muzicante. Un artista inspirado nunha personaxe real que percorreu os cafés amán nos anos vinte do século XX. Como Jako publicou en 2019 o libro-disco “Ven al Luna Park”.

Levaino

En 2021, uniu nun traballo as súas dúas facianas artísticas, a galega e a oriental. No seu novo disco, titulado "Levaino!", mestúranse pezas recollidas en Coristanco, A Mezquita ou Tordoia, con outras procedentes de Bulgaria, Turquía, Marrocos ou Israel. Neste disco, e nas súas actuacións, participa o grupo Pandeireteiras Sen Fronteiros (Pan Sen Fron). Unha formación musical formada por Xurxo e o seu alumnado en 2014, a partir das aulas impartidas no C.S. Gomes Gaioso de Monte Alto.

Discografía

Portada do segundo traballo de Radio Cos: Pasatempo.
TítuloDetallesVideoclip
Radio Cos
  • con Radio Cos.
  • Lanzamento: 2013.
  • Formato: CD, Albúm.
  • Sete Cuncas (2013).
Pasatempo
  • con Radio Cos.
  • Lanzamento: 2017.
  • Formato: CD.
Altaplana
  • con Pedro Lamas.
  • Lanzamento: 2019.
  • Formato: EP.
Ven al Luna Parck
  • como Jako el Muzicante.
  • Lanzamento: 2019.
  • Formato: Libro-CD.
Levaino
  • con Pan Sen Fron.
  • Lanzamento: 2021.
  • Formato: CD, Dixital.
  • Levaino (2021).
  • O piollo malvado (2022).

Notas

  1. "Xurxo Fernandes: “O binormativismo vejo-o viável, necessário e perfeitamente assumível”". Portal Galego da Língua. 2021-11-17. Consultado o 2022-09-11. 
  2. Blume, Felix (2011-04-22). "TEMPO DA RECOLLEITA (Galego)". Consultado o 2021-04-01. 
  3. Luneda producións (08/2012). Pandereteiras Bouba (A Pontragha, Tordoia) - Jota de Sofán (Youtube). 
  4. MPAGDP (08/2012). Os fillos de Pepa a Loba (Vimeo). 
  5. "Biografía Xurxo Fernandes". www.xurxofernandes.gal. Consultado o 2022-09-09. 
  6. "Radio Cos". musicaengalego. Consultado o 2022-09-09. 
  7. "Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, sons galegos para o Womex 2016". Praza Pública. 2016-07-13. Consultado o 2022-09-09. 
  8. Xurxo Fernandes, Nuria Foz (2017). Xurxo Fernandes - Xunta en Corcubión (Vídeo oficial) (Youtube). 
  9. TVG (Programa O son da ribeira) (2020). Entrevista Xurxo Fernandes - Mulleres de Corcubión (Youtube). 
  10. "Altalaplana - EP de Xurxo Fernandes & Pedro Lamas" (en castelán). 2019-06-01. Consultado o 2022-09-09. 
  11. "Xurxo Fernandes, músico: «Na nosa tradición oral temos conexión co Mediterráneo»". La Voz de Galicia. 2021-03-15. Consultado o 2022-09-11. 
  12. TVG (23/12/2015). Naqueles tempos 13 - A gaita galega III (Youtube). 
  13. "Jako el Muzikante, el eterno sefardita errante". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 2022-09-09. 
  14. ""Ven al Luna Park", Jako el Muzikante (Xurxo Fernándes)". OZOCOgz Deseño Galego. Consultado o 2022-09-09. 
  15. "Jako el Muzikante, la vuelta al Mediterráneo en quinientos años". ElDiario.es (en castelán). 2020-06-21. Consultado o 2022-09-11. 
  16. TVG (2021). Xurxo Fernandes fala do Levaino! - Música galega (Youtube). 
  17. "Xurxo Fernandes: entretejiendo la música sefardí y la gallega". Radio Sefarad (en castelán). Consultado o 2022-09-10. 
  18. Ardelloeixo Foliadas Da Coruña (9/2/2018). Presentación Pandeireteiras sen Fronteiros (Youtube). 
  19. Radio Cos (2013). Sete Cuncas (Youtube). 
  20. Xurxo Fernandes (2021). Levaino! (Youtube). 
  21. Xurxo Fernandes (13/03/2022). O Piollo Malvado (Vídeo Oficial) (Youtube). 

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xurxo Fernandes is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Xurxo Fernandes
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes