peoplepill id: xulio-pardo-de-neyra
XPDN
Spain
1 views today
2 views this week
Xulio Pardo de Neyra

Xulio Pardo de Neyra

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Place of birth
Lugo
Age
56 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999 e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Compostela, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica. Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anterormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.

Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.

Obra en galego

Ensaio

  • Gustavo Freire: o grande esquecido, Círculo das Artes, Lugo, 1988. 2ª edición ampliada co título Gustavo Freire na Galiza da Época Nós, Dos Acordes, 2008.
  • Historia do Concello de Baralla. Pazos e fortalezas de Neira de Xusá, Concello de Baralla, 1998.
  • Lugo: cultura a república. As manifestacións intelectuais dunha cidade galega entre 1931-1936, Edicións do Castro, 2001.
  • Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, Lugo, 2001.
  • Evaristo Correa Calderón na literatura galega contemporánea. Vangardismo e galeguismo, Universidade de Santiago, 2002.
  • O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme, Laiovento, 2002.
  • Lugo: cultura e República, Edicións do Castro, 2002.
  • Vanguardia Gallega ou o proxecto xornalístico lucense da II República Española, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2002.
  • Ánxel Fole, pazos e nacionalismo, Tórculo Edicións, 2003.
  • Evaristo Correa Calderón, Xunta de Galicia, 2003.
  • Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, 2003.
  • Tradición e actualidade do heroe cabaleiresco masculino nas lendas familiares galegas. Mito e realidade histórica á vista dos documentos da literatura galega contemporánea, Universidade de Santiago, 2003.
  • Reflexións sobe didáctica da literatura. A literatura galega na radio, Concello de Lugo, 2003.
  • Eduardo Blanco Amor na escola. A imaxe poliédrica dun literato galego, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2005.
  • A introdución do vangardismo na literatura galega, Espiral Maior, 2005.
  • Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, Toxosoutos, 2005.
  • Os cabaleiros petan nas portas da literatura: a figura do heroe cabaleiresco na literatura galega contemporánea, Edicións do Castro, 2006.
  • Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio: de casa e solar coñecido, Nigratrea, 2006.
  • Literatura galega de vangarda: a iconoclastia rupturista dos primeiros manifestos galegos, TresCtres, 2006.
  • As orixes da literatura infantil galega, Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
  • O pérfido canto das sereas. O culto á matria no sistema literario galego, Tórculo, 2008.
  • A época Nós: o estudo da literatura galega desde a periodoloxía literaria, Edicións Embora, 2009.
  • Literatura Pardozeliana: Brandanismo e Sebastianismo nunha nación a liberar. O mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega, NigraTrea, 2010.
  • A Torre e Pousa de Dumia. Historia social da Terra de Cervantes, 2012, Edicións Embora.
  • Literatura de sereas. A maxia da muller acuática, 2015, Toxosoutos.
  • Literatura galega e pornografía, 2016, Positivas.

Narrativa

  • O nome do arrecendo, 2013, Corsárias.
  • Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014, Positivas.

Edicións

  • Poesía completa, de Evaristo Correa Calderón, Follas Novas, 2003.
  • Tres contos marabillosos de Vicente Risco, Galaxia, 2004.
  • Margarida a da sorrisa d'aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor, Dos Acordes, 2013. Edición e estudo

Obras colectivas

  • Pascual Veiga, Xunta de Galicia, 1996. Con Xosé de Cora.
  • As nove ondas. I Simposio Internacional de Estudios Célticos, Universidade da Coruña, 2003.

Obra en castelán

Ensaio

  • Apuntes para la historiografía de Galicia. Las regidurías brigantinas de los Masseda de Aguiar, Deputación de Lugo, 1994.
  • La arrebatadora entrada de Salomé en el templo. Mujer y erotismo en la vanguardia española, Llibros del Pexe, 2004.
  • Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Rox Ediciones, Mérida, 2005.
  • Amor y deseo en el calabozo, 2014, Bellaterra.

Obras colectivas

  • Las Órdenes Militares: realidad e imaginario, Universitat Jaume I Castelló, 2000.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xulio Pardo de Neyra is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xulio Pardo de Neyra
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes