peoplepill id: xose-velo-mosquera
XVM
Spain
1 views today
1 views this week
Xosé Velo Mosquera
Spanish politician

Xosé Velo Mosquera

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Celanova, Spain
Place of death
São Paulo, Brazil
Age
55 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un escritor e político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O 24 de abril casou con Jovita Pérez González.

Trala sublevación do 18 de xullo de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á Guinea Española. Volveu ao remate da Guerra civil española, e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saeu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Sudamérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão, e con outros galegos como José Fernando Fernández Vázquez (Comandante Sotomayor), o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961, en ruta entre Curaçao e San Xoán de Porto Rico, na coñecida como Operación Dulcinea, co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica. Fracasada a operación por diversos motivos, o 4 de febreiro de 1961 acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de São Paulo.

En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Velo Mosquera, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 303. 
  • González Martínez, Xosé (2005). "Xosé Velo Mosquera". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  • Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 456. ISBN 84-7492-465-0. 
  • Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-139-2. 
  • Piñeiro, Antonio (2000). Pepe Velo. Pensador, soñador e mestre revolucionario. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-507-8. 

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Velo Mosquera is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Xosé Velo Mosquera
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes