Xosé Ramón Villar
Quick Facts
Biography
Xosé Ramón Gutiérrez Villar, nado o 28 de febreiro de 1974 en Ferrol, é un modelo galego.
Traxectoria
Criado na Coruña, comezou a traballar de modelo no ámbito galego ata que se presenta como representante da provincia da Coruña á primeira edición do concurso de beleza Míster España, en 1996. O certame celebrouse na vila levantina de Santa Pola, e nel obtivo a vitoria.
Despois do concurso proseguiu a súa carreira no mundo da moda e da televisión, como presentador secundario de programas de variedades como Noche de fiesta (TVE), Humor se escribe con hache (TVE), Verano noche (Antena 3) etc. Tamén participou como concursante no reality La selva de los famosos e en distintos parladoiros e concursos de diversas cadeas, entre elas a Televisión de Galicia: Tequelexou, Supermartes, ou As tardes de Ana.
Tamén ten traballado ocasionalmente no teatro, como actor en series de televisión, ou como contertulio en programas de radio.
Predecesor: non houbo | Míster España 1996 | Sucesor: Enrique Miranda |