Xosé Ramón Vázquez Sandes
Quick Facts
Biography
Xosé Ramón Vázquez Sandes, nado en Santa María de Neda o 1 de setembro de 1929, é un xuíz galego e foi Valedor do Pobo entre 2002 e 2007.
Traxectoria
Ingresou na carreira xudicial no ano 1956 e o seu primeiro destino foi o xulgado de primeira instancia de Sepúlveda (Segovia). Despois trasladouse a Salas de los Infantes (Burgos) e logo a Noia. Ascendeu a maxistrado no ano 1970 e foi destinado durante dous anos no xulgado de primeira instancia e instrución 2 de Badaxoz e a continuación incorporouse como maxistrado, a petición propia, á Audiencia Provincial de Pontevedra.
En 1985 foi nomeado presidente da Audiencia Provincial de Salamanca, cargo que ocupou ata 1990, cando foi nomeado presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Xubilouse o 1 de setembro de 1999, ao cumprir os regulamentarios 70 anos, e durante os meses seguintes exerceu como maxistrado emérito do Tribunal Supremo.
O 19 de febreiro de 2002 foi nomeado Valedor do Pobo polo Parlamento de Galicia, cargo do que tomou posesión o 1 de marzo dese mesmo ano. Rematoulle o mandato en marzo de 2006, pero tivo que seguir en funcións durante máis dun ano pola falta dun consenso político na súa substitución, ata xullo de 2007.
Predecesor: Xosé Cora | Presidente do TSXG 1990 - 1999 | Sucesor: Xesús Souto Prieto |
Predecesor: Xosé Cora | Valedor do Pobo 2002 - 2007 | Sucesor: Benigno López |
Vida persoal
Está casado e ten catro fillos.
Ordes e condecoracións
- Medalla Castelao
- Cruz Distinguida de 1ª Clase e Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort
- Cruz do Mérito Policial
- Gran Cruz do Mérito Miliar.