Xosé Núñez Búa
Quick Facts
Biography
Xosé Núñez Búa, nado en Cerdedo-Cotobade en 1903 e finado en La Plata en 1981, foi un intelectual galego no exilio arxentino.
Traxectoria
Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Seminario de Estudos Galegos, foi colaborador da revista Nós, Galicia e El Pueblo Gallego. Ao comezo da guerra civil española impartía docencia no colexio Labor de Vigo e era concelleiro e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Foi detido, pero conseguiu fuxir e exiliouse na Arxentina. Implicado no mundo cultural galego do exilio, foi un dos fundadores da revista Galicia Libre e un dos promotores do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Colaborador da revista Galicia Emigrante, unha parte dos seus artigos foron recompilados no libro Revoeira en 1971.
Obras
- Revoeira, 1971.
- Vida e paixón de Castelao, 1986.
- Escolma de textos con Galiza ao fondo, 1986.