peoplepill id: xose-maria-dobarro-paz
Xosé María Dobarro Paz
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Xosé María Dobarro Paz, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1950, é profesor e escritor, investigador da literatura galega.
Traxectoria
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña. Ten colaborado con múltiples artigos en revistas literarias galegas como A Nosa Terra, Luzes de Galiza, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos, Anuario de Estudos Literarios Galegos e Grial.
Militou na AN-PG, a UPG e o BNG, así como no sindicalismo nacionalista (ING, INTG e CIG).
Obra en galego
Edicións
- Terra Chá, de Manuel María, 1989, Edicións Xerais de Galicia.
- A rosa de cen follas, de Ramón Cabanillas, 1993, Edicións Xerais de Galicia.
Obras colectivas
- 33 aproximacións à literatura e á lingua galegas, 1984, con Pilar García Negro, Ediciós do Castro.
- A domeadora, de Antón Losada Diéguez, 1985, con Pilar García Negro, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- O fidalgo: (contén unhas memorias sintéticas do autor), de Xesús San Luís Romero, 1986, con Pilar García Negro, Edicións do Castro.
- Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea.
- Literatura galego-portuguesa medieval, 1987, Vía Láctea Editorial.
- Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea Editorial.
- Literatura galega: séculos escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea Editorial.
- Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez.
- Xosé Luís Méndez Ferrín, o home, o escritor, 2002, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Ánxel Casal (1895-1936): textos e documentos, 2003, con Ernesto Vázquez Souza, Ediciós do Castro.
- Cinco impactos poéticos en ditadura, 2005, Universidade da Coruña. Con Luciano Rodríguez Gómez.
- Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas, 2009, con Xosé Ramón Pena, Xerais.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
Obra en castelán
Edicións
- Obras literarias en castellano, de Álvaro Cunqueiro, 2006, Fundación José Antonio de Castro, Madrid.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Ficha do autor na Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé María Dobarro Paz is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Xosé María Dobarro Paz