peoplepill id: xose-lois-foxo
XLF
Spain
4 views today
4 views this week
The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Lois Foxo Rivas, nado en Romeor (Folgoso do Courel) o 12 de outubro de 1950, é un gaiteiro e escritor galego.

Traxectoria

Diplomouse en Ciencias Eclesiásticas no Seminario de Lugo. Alí recibiu a súa primeira formación musical da man do mestre Castiñeira, e foi membro da Orquestra da Escola Cantorum como clarinete e gaiteiro solista. Fundou o grupo Toxos e Xestas en Lugo, en 1969. Posteriormente trasladouse a Barcelona para proseguir os seus estudos, licenciándose en tradución e interpretación nas linguas de alemán e inglés pola Universidade Autónoma de Barcelona. Na capital catalá fundou a Escola de Toxos e Xestas, pola que pasaron centos de fillos de galegos ao longo dos dez anos que permaneceu na cidade condal. Escribiu nese tempo o seu primeiro libro centrado na gaita, e que se titulou Os segredos da gaita. Tamén naquela época, mentres facía o servizo militar, funda unha banda de gaiteiros militares no cuartel de Sabiñánigo (provincia de Huesca).

Cando chegou a Ourense fundou a Real Banda de Gaitas da Deputación e a Escola provincial de gaitas, que durante case trinta anos formou centos de rapaces na interpretación da gaita por toda a provincia.

Como compositor

Ao longo da súa vida artística compuxo pezas como "Gallaecia", con motivo da primeira toma de posesión do presidente Fraga, e que foi estreada por 1500 gaiteiros na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Dedicoulle outras obras a personaxes senlleiros como a muiñeira da Infanta Elena de Borbón ou a Muiñeira de Wojtyla.

Bibliografía

  • Os Segredos da Gaita. Deputación Provincial de Ourense.
  • Rapsodia de Aires populares de Galicia Felipe de Borbón, Diputación Provincial de Ourense.
  • Tambor, tenor y bombo con florituras, Deputación Provincial de Ourense.
  • Museo Internacional de Cornamusas, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cantares da Tía Antonia de Atás, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cantares da cega do Covelo, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cantares das terras das Frieiras - A Gudiña, Deputación Provincial de Ourense.
  • Os Louzeriños, Deputación Provincial de Ourense.
  • Músicas do Caurel I , Deputación Provincial de Ourense
  • Músicas do Caurel II, Deputación Provincial de Ourense.
  • Músicas do Caurel III, Deputación Provincial de Ourense.
  • Cancioneiro das Terras do Riós, Vol. I. Deputación Provincial de Ourense, 2007.
  • Autoaprendizaxe da gaita/The gaita self-learnging, DVD.

Galardóns

  • A Serenísima Orde da Alquítara de Portomarín
  • A Enxebre Orde da Vieira
  • Cabaleiro da Orde do viño Albariño

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1998.

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xosé Lois Foxo is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xosé Lois Foxo
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes