Xosé Armesto Faginas
Quick Facts
Biography
Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, licenciouse despois en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén estudou historia, doutorándose en Historia Contemporánea Española. Empezou traballando con colaboracións nos diarios madrileños (Pueblo e Madrid). De volta a Galicia, traballou como correspondente do diario catalán La Vanguardia, redactor en El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que fue nomedo director en 1978 en substitución de Xosé Landeira Yrago. Deixou a dirección de Faro de Vigo en 1986 e foi substituído por Ceferino de Blas.
Foi director do Museo de Castrelos e da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Como escritor publicou a biografía de Álvaro Cunqueiro (Cunqueiro. Unha biografía, 1987. Ediciones Xerais) polo que obtivo o Premio da Crítica de Galicia en 1988 e co que foi finalista no Premio Nacional de Literatura na modalidade de ensaio.