Xosé Agrelo Hermo
Quick Facts
Biography
Xosé Agrelo Hermo, máis coñecido como Pepe Agrelo, nado en Barro (Noia) o 10 de abril de 1937 e falecido en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 2006, foi un escritor galego.
Traxectoria
Aos dez anos marcha para o Seminario de Santiago, e aos vinte e un, a punto de facerse sacerdote, abandona e marcha a Madrid. Desempeña diversos traballos e regresa a Noia, para facerse mestre. Impartiu aulas en Boiro, Outes, Torea, Esteiro e no IES As Insuas de Muros, onde foi director.
O seu afán de dinamización cultural e a súa vocación teatral levárono ao teatro escolar e afeccionado. Fundou e dirixiu os grupos teatrais: Talía de Noia (1962-66), Candea de Noia (1973-80), Agrocovo Teatro Infantil (1975-98), Xestruxo de Esteiro (1982-86) e O Xeito de Esteiro (2004).
Foi redactor xefe da revista Barbanza (1988-90), director de A Motora (1993), do comité de redacción da revista Alameda e director de publicacións da Editorial Toxosoutos.
Foi candidato ao Senado polo BN-PG en 1977 e ao Congreso en 1979, e concelleiro en Muros polo BNG de 1979 a 1987.
Está soterrado en Santa Cristina de Barro (Noia), a súa vila natal.
Obras
Narrativa
- O espantapaxaros, 1972.
Teatro
- O mestre, 1989.
- Metá e metá, 1989.
- Noite de lobos, 1989, escrito en 1975.
Ensaio
- O xogo dramático (de, con, por, para nenos), 1990.
- A freguesía de Santa Cristina de Barro, 1996.
- Avilés de Taramancos, 2002.
- Derrota e singraduras do Joaquín Vieta, 2005.
Literatura infanto-xuvenil
- Os sete coitelos, 1994, Toxosoutos.
- Rumbo ao Maluco, 2003.
Obras colectivas
- Noia. Porto de Compostela, 2002.
Premios
- Concurso de redacción en lingua galega do Facho no 1970, por Noia.
- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1971, por O espantallo.