peoplepill id: xoan-xose-pla
XXP
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
The details (from wikipedia)

Biography

Xoán Xosé Plá Fernández, nado en Viveiro en 1906, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

Farmacéutico en Viveiro. Durante a República militou no Partido Galeguista de Viveiro. Foi candidato nas eleccións a compromisarios para a elección do presidente da República en abril de 1936. Foi nomeado director da Escola de Traballo de Viveiro. Na sublevación do 18 de xullo de 1936 atopábase en territorio leal e durante a Guerra Civil foi delegado do corpo de Carabineiros, e colaborou en Nova Galiza. En Barcelona foi secretario de asistencia de Solidaridade Galega Antifeixista. Coa fin da guerra civil fuxiu a Francia, incorporándose ao maquis. Logo da liberación de Francia estableceuse en Montauban. En Francia foi un dos artífices da creación do Frente Liberador Gallego, ligado á loita guerrilleira, constituído en Tolosa a finais de 1944 e promovido por Enrique Líster e o PCE, e do que Plá foi presidente. Tivo un importante papel no nacemento do Bloque Repubricán Nazonal Galego. Foi representante do Partido Galeguista do interior no exilio. Mantivo unha liña de desconformidade coa actuación política de Castelao. Tamén estivo na nómina dos servizos de información do PNV.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xoán Xosé Plá is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xoán Xosé Plá
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes