Xoán Bautista Andrade
Quick Facts
Biography
Juan Bautista Andrade Tojedo, nado en Lérez (Pontevedra) o 24 de xullo de 1879 e finado na mesma parroquia o 3 de setembro de 1930, foi un escritor galego. Foi tío do escritor e economista Valentín Paz-Andrade.
Traxectoria
Fillo de Manuel Andrade Carlín. Deuse a coñecer como poeta arredor do 1900, logo de gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Santiago de Compostela. Outorgáronlle un premio pola composición "Íntima" na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. En 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema "Las cumbres" e o primeiro accésit por "La casa muerta".
Salienta a súa obra lírica en castelán Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén os seus poemas premiados; o monólogo lírico Al desplegarse la rosa (1917) e Diana de gaita (1930), na que mostra unha visión da paisaxe galega de gran sensibilidade. Algúns investigadores sinalan a influencia deste libro na obra de Amado Carballo e sobre toda a escola imaxinista. Andrade tiña máis obras pendentes de publicación, pero non chegaron ao prelo pola súa morte: Poemas compostelanos, Enfoques (estudos sobre sensibilidade); El Pazo, los cipreses y el mar (ensaios sobre a paisaxe) e a novela La sombra de Fr. Juan. En lingua galega publicou só tres ou catro poemas, aínda que parece que antes do seu pasamento preparaba a publicación dunha obra lírica en galego, co título de Cantarelas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Couceiro Freijomil, A. (1951): "Andrade, Juan Bautista". Entrada en Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, páx. 70 (en castelán).
- "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Enciclopedia Galega Universal, t. 1. p. 512.
- "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1. p. 56.
- "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 4. p. 42.
Outros artigos
- Valentín Paz-Andrade