Xesús Souto Prieto
Quick Facts
Biography
Xesús Souto Prieto, nado en Albarellos (Boborás) o 19 de xaneiro de 1942, é un xuíz galego e actual membro do Tribunal Supremo de España.
Carreira xudicial
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, aproba oposicións a xuíz e faise cargo dos xulgados de primeira instancia de Bande, Corcubión, Berja e Ponteareas. En 1979 pasa ao corpo de maxistrados de traballo con destinos primeiro en Santander e logo (1984) Pontevedra. Ademais, dende 1987 e 1991 exerce en paralelo como maxistrado do Tribunal Central de Traballo. En 1991 é nomeado maxistrado da sala do social do TSXG, onde toma posesión o 28 de xuño. O 19 de novembro de 1999 toma posesión do cargo como presidente do máximo tribunal galego, onde renova en 2004 por un período de cinco anos máis.
Predecesor: Xosé Ramón Vázquez Sandes | Presidente do TSXG 1999 - 2006 | Sucesor: Antonio González Nieto |
Porén, en febreiro de 2006 é designado presidente da Sala do Social do Tribunal Supremo, co que abandona o cargo galego. Pertence á Asociación Profesional da Maxistratura, de carácter conservador.
Outros labores e méritos
Foi profesor da Universidade de Santander e da UNED de Pontevedra, e actualmente exerce como docente na Universidade da Coruña.
En 2005 foi nomeado fillo predilecto do concello de Boborás.
Vida persoal
Está casado e ten dous fillos.