peoplepill id: xesus-golmar
XG
Spain
1 views today
2 views this week
The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Xesús Golmar Rodríguez, nado en Santiso (Lalín) o 11 de setembro de 1908 e finado na mesma parroquia o 20 de xaneiro de 1962, foi un mestre, xornalista e político lalinense, e o derradeiro alcalde republicano de Lalín.

Traxectoria

Era fillo de Manuel Golmar Cacheda. Estudou o Bacharelato en Lugo e fíxose mestre na Normal de Santiago de Compostela animado polo seu parente e mentor Ramón Salgado Toimil. Foi mestre en Silvela (1931-33), Corvelle (1933-34) e Méixome (1934-36).

Colaborou nos periódicos El Ideal Gallego, La Provincia, Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Pueblo Gallego, Vida Escolar, Faro Villalbés, Razón, A Nosa Terra e Escuela Vivida, onde escribiu artigos pedagóxicos e políticos.

En 1934 ingresou no Partido Galeguista, e converteuse ao ano seguinte en Presidente do Grupo Galeguista de Lalín (1935-36). Foi nomeado alcalde de Lalín o 11 de abril de 1936. A raíz da sublevación do 18 de xullo foi destituído o 24 de xullo. Detido e xulgado por Auxilio á rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro en San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristobal (Pamplona), onde permaneceu ata 1941. En liberdade provisional, pero inhabilitado para o Maxisterio, regresou a Santiso onde casou. Morreu sen ser rehabilitado como mestre.

Na actualidade leva o seu nome un centro escolar, o CEIP Xesús Golmar de Lalín.


Predecesor:
Manuel Ferreiro Panadeiro
 Escudo de Lalín.svg
Alcalde de Lalín
 
11-4-1936 - 24-7-1936
Sucesor:
Bernardo Madriñán González

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xesús Golmar is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xesús Golmar
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes