Xeito Fole
Quick Facts
Biography
Xeito Fole, nado en Lugo en 1985, é un artista visual e activista transxénero, transfeminista e antiespecista. No seu traballo utiliza os medios dixitais para pensar de maneira crítica as identidades sexo-xénero hexemónicas e normativas, asín coma os límites dos corpos e das fronteiras simbólicas, políticas e sociais.
Traxectoria
Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, período durante o cal obtivo varias bolsas que lle permitiron estudar na Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro, na École régionale des beaux-arts d'Angers e na Universidade de Barcelona, nesta última é onde remata os estudos especializándose en audiovisual. Posteriormente realiza o mestrado en Artes Dixitais na Universidade Pompeu Fabra.
Obra
Actualmente o seu traballo é transversal e inclúe diferentes disciplinas, desenvolvendo proxectos que relacionan arte, política e educación; durante o ano 2018 realiza o proxecto "Voces LGTBI+", xunto con iDensitat, presentado no Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (MACBA). No anos 2016 e 2017 impartiu talleres de vídeo e linguaxe audiovisual dirixidos en obras de teatro colaborativas, como son In Living Memory e A Travessia. Na actualidade coordina a creación artística coa formación sobre diversidade sexual e de xénero dende unha perspectiva transversal a través de metodoloxías creativas.
O seu traballo expúxose en diferentes exposicións como:
Diversidade, género e sexualidades (Porto, 2018), Muestra Marrana (Ecuador, 2016) El Venadito.Juntxs contra el maltrato animal, Factoría de Arte, Madrid (2016), CC Sagrada Familia, Barcelona (2016) Espai Antoni Miro Peris, Barcelona (2015), Habitat Creatiu, Can Felipa, Barcelona (2015), Artes Visuales, Creación Injuve. Tabacalera, Madrid (2012), Nits Digitals - Cicle d’arts electròniques de Vic. ACVic (2012), Sense Titol ‘10, Facultade de Belas Artes, Barcelona (2010), Novos Valores 2010. Museo provincial de Pontevedra.
Xeito participou residencias artísticas en centros de arte como Hangar ou AcVic.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Portal web de Xeito Fole
- Xeito Fole en Vimeo