peoplepill id: xavier-senin
XS
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

A.K.A.
Francisco Xavier Senín Fernández
Places
Gender
Male
Place of birth
Pontecesures
Age
75 years
The details (from wikipedia)

Biography

Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego.

Traxectoria

É licenciado en Filoloxía Moderna na rama de francés, e ten a cátedra de bacharelato. Ocupou distintos cargos na Asociación de Tradutores Galegos desde a súa creación. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da USC e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de de lingua galega. Foi corrector lingüístico para a Editorial Galaxia entre 1985 e 1987, así como coordinador de libros de texto.

Foi director xeral do Libro da Xunta de Galicia durante a etapa do tripartido e máis tarde durante os distintos gobernos do Partido Popular. Na actualidade está xubilado, mais até desempeñou o seu labor docente sobre todo como profesor de francés en Santiago de Compostela. Escribe semanalmente unha columna para O Correo Galego. En 2010 foi, canda Manuel Bragado ou Marilar Aleixandre, un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY celebrado en Santiago de Compostela.

... lembramos con especial admiración a súa etapa como subdirector xeral do Libro na Xunta de Galicia, primeiro durante os anos do chamado goberno tripartito (1987-1900) e despois en sucesivos gobernos do Partido Popular, e durante un ano, no de coalición PSOE-BNG, mostra da súa capacidade de arbitraxe, do seu talante integrador e da súa competencia (autorictas) profesional.
Proemio de Víctor Freixanes para a 1ª edición de O alfaiate portugués (Galaxia, 2016).

Obra

Os tradutores Xavier Senín (no centro) e Isabel Soto, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus (Editorial Hugin e Munin) en Cambados.

Como tradutor, ten no seu haber numerosas traducións, principalmente do francés e o castelán para o galego. Por exemplo, os libros franceses A Clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac ou Onde o aire non era brisa de María Victoria Moreno. Salientar que decote traduce conxuntamente con Isabel Soto.

Literatura infanto-xuvenil

  • O galo Quirico, adaptación do autor, 2009, Galaxia.
  • Novo amor en Arousa, 2009, Pío García Edicións.
  • O soldadiño de chumbo, de Hans Christian Andersen, 2010, Galaxia. Adaptación do autor.

Traducións

  • O que o vento nos conta de Waldemar Daae, de Hans Christian Andersen, 1983, Argos Vergara.
  • Os zarramplíns, de Sergio Balestrini, 1983, Galaxia.
  • ¡Adeus, boa viaxe!, de Marta Balaguer, 1984, Arcos Vergara.
  • As babuchas enmeigadas, conto de As mil e unha noites, adaptado por Francesc Boada, 1984, Galaxia.
  • Contos de cores, de Joles Sennell, 1984, Argos Vergara.
  • Os dentes do león, de Mercé Company, 1984, Argos Vergara.
  • O globo, de J. J. Guillén, 1984, Argos Vergara.
  • Guillermo Tell: lenda suíza, adaptado por M. Ángels Gardella, 1984, Galaxia.
  • Hil-Lady, de Ricardo Alcántara, 1984, Argos Vergara.
  • A oca de ouro, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Pandolfi na grande cidade, de Francesc d'Assis Sales, 1984, Argos Vergara.
  • A raiña dos peixes, de Gérard de Nerval, 1984, Argos Vergara.
  • A serpe branca, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Unha tarde no mar, de Joaquim Ruyra, 1984, Argos Vergara.
  • Os tres pretendentes, de Fernán Caballero, 1984, Galaxia.
  • A viaxe de Ruteazul, de Laura Medina, 1984, Galaxia.
  • O xigante-máis-alto xoga á pelota, de Joma, 1984, Argos Vergara.
  • O dragón das catro cabezas, de Antoniorrobles, 1985, Galaxia.
  • Segredos de abanos, de Joan Manuel Gisbert, 1985, Argos Vergara.
  • A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare, versión de José Luis Gímenez Frontín, 1985, Argos.
  • As ratas na escola, de M. Dolors Alibés i Riera, 1986, Galaxia.
  • As aventuras de Roi e Martiño, de Antonio Cuadrench, 1987, Galaxia.
  • O explorador e a mona, de Pako Sagarzazu, 1987, Galaxia.
  • A ovella negra, de Roser Capdevila, 1991, Galaxia.
  • Polgariño, dos irmáns Grimm, 1991, Galaxia.
  • O anel perdido, un xogo divertido, de Enrique Páez, 1992, Bruño.
  • A infancia de Martiño Piñeiro, de Juan Farias, 1992, Bruño.
  • Os robots, de Suzanne Martel, 1995, Bruño.
  • Crónicas de media tarde, de Juan Farias, 1997, Everest Galicia.
  • Ismael, que foi mariñeiro, de Juan Farias, 2000, Everest Galicia.
  • Galego á beira do mar, de Juan Farias.
  • Os perfectos, de Rodrigo Muñoz Avia, 2007, Rodeira.
  • Angelica, de Lygia Bojunga Nunes, 2008, S. M.
  • Tres rosas de Madame d'Aulnoy, 2009, Novelúa.
  • Pescador de Islandia, de Pierre Loti, 2014, Hugin e Munin.
  • No ceo, de Octave Mirbeau, 2015, Hugin e Munin.
  • Unha desolación, de Yasmina Reza, 2016, Hugin e Munin.
  • As damas verdes, de George Sand, 2016, Hugin e Munin.

Traducións en colaboración

  • Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega, de Manuel Mandianes Castro, 1984, Galaxia. Con Antón Figueroa.
  • O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, 1990, Xuntanza. Con Valentín Arias, Xela Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez e Xesús Senín.
  • O tolo da ría, de Juan Farias, 2005, Luis Vives. Con Isabel Soto.
  • Algúns nenos, tres cans e máis cousas, de Juan Farias, 2006, Planeta. Con Isabel Soto.
  • A Odisea contada aos nenos, de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Isabel Soto.
  • A clase, de François Bégaudeau, 2008, Xerais. Con Isabel Soto.
  • A fabulosa lenda do Rei Artur, de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Isabel Soto.
  • Mal de escola, de Daniel Pennac, 2008, Xerais. Con Isabel Soto.
  • O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, 2009, Alberto Uderzo, Salvat. Con Valentín Arias e Isabel Soto.
  • Locus Solus, de Raymond Roussel, 2012, Hugin e Munin. Con Isabel Soto.
  • Asterix e os pictos, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2013, Xerais. Con Isabel Soto.
  • A Eva futura, de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, 2014, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
  • Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Isabel Soto
  • Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Isabel Soto.
  • Astérix. O papiro do César, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Isabel Soto.
  • A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016, Xerais. Con Isabel Soto.

Edicións

  • Queixumes dos pinos e outros poemas, de Eduardo Pondal, 1985, Galaxia.

Outras obras

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos (VV.AA.)
  • O alfaiate portugués, 2016, Editorial Galaxia.

Premios

  • Premio Fervenzas literarias ao mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015, por O papiro do César.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xavier Senín is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Xavier Senín
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes