peoplepill id: xavier-queipo
Escritor galego
Xavier Queipo
The basics
Quick Facts
Intro
Escritor galego
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
67 years
The details (from wikipedia)
Biography
Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.
Biografía
Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 vive e traballa en Bruxelas. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras e no semanario A Nosa Terra, e, na actualidade, na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa.
Obra
Narrativa
- Ártico e outros mares (1990, Positivas. 2ª edición ampliada: 2011, Galaxia). Traducido ao portugués como Árctico e outros mares (1998, Felício e Cabral, Porto) e Ártico (2009, Livros do dia, Torres Vedras).
- Diarios dun nómada (1993, Positivas).
- Ringside, contos (1993, Sotelo Blanco).
- Contornos (1995, Xerais). Traducido ao francés como Chroniques animalières, notes de philosophie naturelle (2011, Les Hauts-Fonds éditions, Brest).
- Mundiños, microfichas (1996, Xerais).
- O paso do noroeste (1996, Sotelo Blanco). Traducido ao castelán como Las aventuras del capitán Duchesnoy (2008, Ézaro).
- Manual de instruccións, relatos breves (1999, Xerais).
- Malaria sentimental, novela (1999, Sotelo Blanco). Traducido ao castelán como Malaria sentimental (2009, Edicións Brinte, Santiago).
- Papaventos (2001, Xerais, en 2002 publicado na Biblioteca Galega 120). Traducido ao portugués como Bebendo o mar (2003, Deriva editores) e ao inglés.
- O ladrón de esperma (2001, Xerais). Traducido ao castelán en como El ladrón de esperma (2010, Meubook).
- Os ciclos do bambú (2004, Galaxia). Traducido ao portugués como Os ciclos do bambu (2005, Deriva editores).
- Dragona (2007, Xerais). Traducido ao portugués (2008, Deriva editores).
- Extramunde (2011, Xerais).
- 55 (2014, Xerais).
- Os kowa (2016, Galaxia). Traducido ao castelán.
Poesía
- Nos dominios de Leviatán (2001, Deputación de Pontevedra).
- Glosarios (2004, Espiral Maior).
- Pegadas (2006, Concello de Santiago).
- Home invisible (2017, A. C. Caldeirón).
Literatura infanto-xuvenil
- O espello e o dragón (2005, Xerais).
- Saladina (2007, Galaxia).
- A illa dos cangrexos violinistas (2009, Oqo Editora). Traducido ao castelán como La isla de los cangrejos violinistas (2009, Oqo), ao francés como L’île aux crabes violonistes (2011, Oqo), ao portugués como A ilha dos caranguejos violinistas (2011, Oqo), e ao italiano como L’isole dei granchi violinisti (2011, Logos).
Ensaio
- Olladas oceánicas na arte contemporánea (2003).
- Caderno da Revolución Cultural (2007, Laiovento).
- Felices e diferentes (2009, Laiovento).
- Cartas marcadas (2010, Galaxia).
Traducións
- O meu criado e mais eu. Citomegalovirus, de Hervé Guibert (1998, Xerais). Con Santiago Lopo.
- A viaxe de Baldassare de Amin Maalouf (2000, Xerais). Con María Dolores Torres París.
- Tifón de Joseph Conrad (2003, Sotelo Blanco).
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009, Galaxia).
- Ulises de James Joyce (2013, Galaxia). Con Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Antón Vialle.
- Cidade de Cristal, de Paul Karasik e David Mazzucchelli (2014, El Patito Editorial).
- Aventuras de Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (2015, El Patito Editorial).
Obras colectivas
- O xardín das ideas circulares, en Berra liberdade (1996, Galaxia).
- Nove metraxes, en Narradores de cine (1996, Xerais).
- A casa da tinta, en Unha liña no ceo (1996, Xerais).
- Poesía no autobús, en Mini-relatos (1999, Libraría Cartabón).
- A illa dos lemures en Materia prima (2002, Xerais).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
- Poetas e narradores nas súas voces (Vol. II) (2006, Consello da Cultura Galega).
- 20 Gedichte aus Galicien (2007, Espiral Maior e Xunta de Galicia).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).
- Onde o mundo se chama Terranova (2008, Museo do Mar de Galicia).
- Poetes gallecs d'avui: antologia (2008, Llibres del Segle, Xirona).
- Entremiradas II Galicia-Cuba (2009, Xunta de Galicia).
- De europese grondwet in verzen (2009, Passaporta, Bruxelas e Antuerpen). Hai traducións ao francés, La constitution européenne en vers, e ao inglés, The European Constitution in verse, as dúas en 2009, Passaporta. Finalista do Prix du Livre Européenne 2009.
- Hotel Vermar (2009). Antoloxía bilingüe portugués-alemán.
- Breogan’s lighthouse, a bilingual anthology of Galician Literature (2010, Francis Boutle Publishers). Edición bilingüe galego-inglés.
- Verdades de plastilina (2010, Xunta de Galicia, colección Lagarto Pintado).
- Hurray for delay! (2011, Brussels poetry collective e Passaporta, Bruxelas).
- Poetas d’Orfeu (2011, Orfeu, Bruxelas).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017, Alvarellos).
Performances
- Unha noite con Carpentier, textos de Alejo Carpentier e Xavier Queipo e música de dj MisterChoco Xavier (2000, Pontevedra e 2004, Vigo).
- Zennescènes, organizado por het beschrij e Entrez Lire. Textos de Xavier Deutsch, Paul Boagaert, Xavier Queipo, Layla Nabulsi e Yves Petry, vídeo de Walter Verdin (2007, Libraría Passaporta, Bruxelas).
- Maratón Kafka (2008, Libraría Passaporta, Bruxelas).
- The European Constitution in verse, música coral Polyfollies, textos de varios autores (2009, Teatro Flagey, Bruxelas).
- Maratón Hugo Claus (2009, Libraría Passaporta, Bruxelas).
- Street Art Performance, Colectivo Río Lagares. Imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de dj MisterChoco (2009, Festival Intraliteratuur, Bruxelas).
- La Constitution eureopéenne en vers, Brussels Poetry Collective (2010, Teatre Varia, Bruxelas).
- The European Constitution in verse, teatro KVS, música coral Polyfollies, textos de varios autores (2010, Bruxelas).
- The European Constitution in verse, dialogues, Brussels Poetry Collectif (2011, Theatre Royale de la Monnaie, Bruxelas).
- Hurray for Delay!, Poesía no tren (2011, Festival Passaporta, Bruxelas).
- O embigo do mundo, colectivo Río Lagares. Imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de dj MisterChoco (outubro de 2011, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, e Museo do Mar de Galicia, Vigo).
Colaboración con outros artistas
- Álbum Esbirros, debuxos de Isaac Pérez Vicente e textos de Xavier Queipo (1994, Vigo).
- Guión de Casa tomada, en colaboración con Carlos Santiago, para o conxunto de videos Hai que botalos (2005, Santiago).
- Álbum de fotografía Seales: caso pechado, de Cé Tomé, con textos de Xavier Alcalá, Xabier P. DoCampo e Xavier Queipo, edición en galego e inglés (2008, Editorial Brinte, Santiago).
- Textos para as instalacións de Eric Adam, Eric in a Fake Empire (2010, La Raffinerie, Bruxelas).
- Letrista para o grupo Ialma, no seu disco Simbiose (2011, Bruxelas).
Premios
- Premio da Crítica española no 1990, por Ártico e outros mares.
- Premio García Barros no 1996, por O paso do noroeste.
- Premio Café Dublín no 1999, por O ladrón de esperma.
- Premio Xerais no 2011, por Extramunde.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, pola traxectoria da súa obra.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2012, por Extramunde.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido no 2013, por Ulises, de James Joyce.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro traducido en 2013, por Ulises, de James Joyce.
- Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013, por Ulises, de James Joyce.
- Premio da AELG á mellor tradución do 2013, por Ulises, de James Joyce.
- Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura en 2014, por Ulises, de James Joyce.
- Premio Blanco Amor no 2015, por Os kowa.
- Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2016, por O home invisíbel.
Notas
- ↑ "Árctico e outros mares". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Ártico". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Las aventuras del capitán Duchesnoy". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Bebendo o mar". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Kite". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Os ciclos do bambú". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Dragona". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Los kowa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-09.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- web de Xavier Queipo
- Xavier Queipo na Biblioteca Virtual Galega.
- Xavier Queipo na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Perfil en As escollas electivas
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Image Gallery
Lists
Xavier Queipo is in following lists
By field of work
comments so far.
Comments
Credits
References and sources
Xavier Queipo