peoplepill id: xaquin-marin
Xaquín Marín
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.
Traxectoria
Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. No 2013 foi distinguido co premio Bo e Xeneroso da AELG.
Obra publicada
Banda deseñada e humor gráfico
- 2 viaxes, con Reimundo Patiño, 1975, Brais Pinto, Madrid.
- Ratas, 1977, Madrid. Segunda edición en 2006 en Edicións Embora.
- Gaspariño, 1978, Edicións do Rueiro.
- Alcacén para gaitas, 1980, Edicións do Castro.
- Gaspariño 2, 1982, Xerais.
- Dos pés á testa, 1986, Galaxia.
- Conta atrás, 1988, Edicións do Castro.
- Cen pés, 1996, Edicións do Castro.
- Feito á man, 1997, Xunta de Galicia.
- Trinta e tantos con Xaquín Marín, 2001, edición do autor.
- Cen + cen pés, 2007, Embora.
- O lecer de Isolino, 2008, Embora.
- As dúas viaxes de Xaquín Marín, 2010, El Patito.
Ensaio
- O ABC do cómic, 1995, Baía.
Literatura infanto-xuvenil
- Dragón rock, 1999, Casals.
- Malfeito bufón, 2003, Casals.
- Tartaruga, 2007, Baía.
- O traxe novo do emperador, 2007, Embora.
Obras colectivas
- O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro, de Félix Caballero, 2012, Morgante.
Galardóns
- Premios da Crítica Galicia de Artes Plásticas e Visuais no 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha do autor en Tebeosfera
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xaquín Marín is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Xaquín Marín