Xaime Trebolle
Quick Facts
Biography
Xaime Trebolle Fernández, nado en Ourense en 1946, é un político e empresario galego.
Traxectoria
De familia de militares, licenciouse en dereito. Profesionalmente, Trebolle foi inicialmente inspector de Facenda. Residente en Madrid foi director xeral de coordinación coas facendas territoriais do Ministerio de Economía de España durante a transición española, xa con gobernos da UCD (1981). Participou nas negociacións das transferencias ás comunidades autónomas, e formou parte dun equipo de expertos encabezado por Eduardo García de Enterría que redactou os informes que deron orixe ao acordo entre centristas e socialistas sobre financiamento autonómico en 1981. Continuou no cargo durante o primeiro goberno de Felipe González, ata 1984.
O presidente da Generalitat catalá, Jordi Pujol, ofreceulle a consellería de Economía, pero rexeitouna, o mesmo que fixo co ofrecemento do primeiro presidente da Comunidade de Madrid, Joaquín Leguina, de facerse cargo da respectiva carteira en 1983. Posteriormente si aceptou a conselleiro de Economía na Xunta de Galicia, en 1985, baixo o liderado de Xerardo Fernández Albor. Logo da moción de censura que apartou a Albor da presidencia da Xunta, Trebolle deixou a política. En 1986 fora nomeado vogal do tribunal económico administrativo central, posto do que cesou en 1989.
Na empresa pública foi conselleiro do desaparecido Banco Exterior de España e na privada presidente do consello de administración de Bacardi-Martini España. En setembro de 2011 foi designado conselleiro independente no consello de administración de NCG Banco, cargo no que permaneceu dous anos, ate que cesou por motivos persoais en maio de 2013.
Predecesor: Carlos Mella | Conselleiro de Economía e Facenda 1985 - 1987 | Sucesor: Ángel Mario Carreño |