Xaime Seixas
Quick Facts
Biography
Xaime Seixas Subirá, máis coñecido por padre Seixas, nado en Santiago de Compostela en 1915 e falecido en Valladolid en 1994, foi un coñecido crego xesuíta, esquerdista e galeguista.
Traxectoria
Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, e Linguas Clásicas, Filosofía e Teoloxía cos xesuítas en Comillas, onde foi ordenado sacerdote en 1948. Dun forte ideario democrático e esquerdista, o seu primeiro destino foi Francia, onde estudou Teoloxía Moderna, e logo iría a Salamanca, onde funda as organizacións Vanguardia Obrera Juvenil e Vanguardia Obrera y Social.
No ano 1961 marcha de misioneiro á República Dominicana. De volta a Galiza en 1965, artella un grupo semellante aos que xa formara en Salamanca na Asociación O Castro de Vigo. Tamén fundou nesa cidade a Comunidade de Vida Cristiá Nosa Señora da Guía e Santiago Apóstolo.
O 25 de xullo de 1965 o padre Seixas pronuncia, na igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) a primeira misa integramente en lingua galega dende a Guerra. Tamén foi o primeiro en dar unha homilía en galego en Vigo, durante o enterro do oftalmólogo Antón Beiras García, ao que días antes dera a absolución por vez primeira nesta mesma lingua. Foi un promotor da tradución da liturxia en galego, así como de diversas publicacións relixiosas.
A Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao no ano 1985.
Obra
- Catrocentos nomes para galegos e galegas. SEPT, 1977
- Conversas do Pai Xaime Seixas con Silvestre G. Xurxo. SEPT, (1985)