Xaime Rei
Quick Facts
Biography
Jaime Óscar Máximo Rey Barreiro, coñecido como Xaime Rei ou Jaime Rey, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1938, é un político galego que foi alcalde de Redondela durante practicamente tres décadas.
Traxectoria
Mestre de educación primaria, Xaime Rei foi destinado a Redondela, onde nas primeiras eleccións municipais, os comicios locais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade Galega que lle permitiu facerse coa alcaldía.
Nas eleccións municipais de 1983 volveu ser reelixido, pero desta vez xa á fronte da candidatura do PSdeG-PSOE. Saíu reelixido con maioría absoluta en 1987, e en 1991, pero só acadou a maioría simple nas eleccións de 1995. Iso permitiulle a Amado Ricón, o candidato do Partido Popular, presentar unha moción de censura en 1996 e retiralo da alcaldía.
Porén regresou a ela nas eleccións de 1999, e revalidou a alcaldía tamén nas eleccións de 2003 e nas de 2007. Dado que estivo involucrado nun proceso xudicial do que foi absolto, decidiu non prensentarse ós comicios de 2011. No seu lugar o PSdeG-PSOE presentou como cabeza de lista a Eduardo Reguera que non conseguiu a alcaldía, co que deu paso a un goberno do Partido Popular.
A súa política caracterizouse pola promoción da lingua galega
Ademais, nas Xerais de 1993 encabezou a candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Senado, pero só permaneceu na Cámara Alta durante unha lexislatura, ata 1996.
Predecesor: ' | Alcalde de Redondela 1979 - 1996 | Sucesor: Amado Ricón |
Predecesor: Amado Ricón | Alcalde de Redondela 1999 - 2011 | Sucesor: Javier Bas Corugeira |
Vida persoal
Está casado e ten dous fillos.