Xabier López López
Quick Facts
Biography
Xabier López López, nado en Bergondo o 29 de xaneiro de 1974, é un escritor galego.
Traxectoria
Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.
Colaborador asiduo de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, céntrase primordialmente na novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.
Obras
Narrativa
- Doutor Deus, 1999, Sotelo Blanco.
- O caderno, 2001, Sotelo Blanco.
- O mono no espello, 2002, Sotelo Blanco. Publicada en castelán no 2014, co título El mono en el espejo, por editorial Baile del Sol.
- A estraña estrela, 2003, Galaxia.Publicada en portugués no 2004, co título A estranha estrela, por Deriva editores.
- A vida que nos mata, 2003, Galaxia. Publicada en castelán no 2014, co título La vida que nos mata, por Editorial Funambulista.
- Trinta e dous dentes, 2007, Galaxia. Publicada en castelán no 2015, co título Treinta y dos dientes, por Pulp Books.
- Os libros prestados, 2010, Galaxia. Publicada en castelán no 2013, co título Los libros prestados, por Libros de Pizarra.
- 1989, 2013, Biblos Clube de Lectores. Publicada en castelán no 2015 por Editorial Adeshoras.
- Cadeas, 2013, Xerais, Premio Xerais de novela. Publicada en castelán no 2017, co título Cadenas por editorial Hoja de Lata.
- Olympia Ring, 1934, 2014, Galaxia. Publicada en castelán no mesmo ano por Editorial Gregal.
Literatura infanto-xuvenil
- Biff, Bang, pow! (novela case negra), 1997, Sotelo Blanco.
- A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título El viejo tiburón pierde los dientes, por Edebé. Traducido ao árabe en 2015 por editorial Kalima, Emiratos Árabes Unidos.
- Cando Artur non era rei, 2012, Galaxia.
- Son un can!, 2013, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título ¡Soy un perro, por Edebé.
- O home que sabía voar, 2015, Tambre-Edelvives.
Traducións
- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Premios
- Premio Risco de Literatura Fantástica no 2001, por O caderno.
- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por O mono no espello.
- Finalista do Premio San Clemente de lectores novos, por O mono no espello.
- Finalista do premio Losada Diéguez no 2003, por A estraña estrela.
- Premio García Barros no 2003, por A vida que nos mata.
- Premio da crítica española no 2003, por A vida que nos mata.
- Finalista do Premio de Novela europea Casino de Santiago, por A vida que nos mata.
- Finalista do premio Torrente Ballester no 2007, por Trinta e dous dentes.
- Premio Xerais en 2013, por Cadeas.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2013.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos de 2013, por Cadeas.
Vida persoal
É irmán do xornalista e político Paulo Carlos López.