peoplepill id: xabier-diaz
XD
Spain
1 views today
1 views this week
Xabier Díaz
Spanish musician

Xabier Díaz

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish musician
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
55 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego. Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.

Traxectoria

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo é o álbum Coplas para Icía (2007) no que contou coa participación de Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que levou a escena os espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.

Formou parte do grupo Berrogüetto, desde inicios de 2008 até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Martín Codax da Música (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Participou xunto a Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero no proxecto aCadaCanto co que editaron aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).

Colaborou en discos e concertos de diferentes artistas, como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carmen París, Amancio Prada, Luar na Lubre, Uxía ou Os Cempés. Así mesmo, a súa presenza nos escenarios non só se circunscribe ao ámbito galego senón a lugares como México, Zimbawe, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina ou Bélxica.

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Codax da Música (2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Publicou canda as Adufeiras de Salitre outros dous discos: Noró, en 2018, e As catedrais silenciadas, en 2020.

Traballos publicados

Traballos en solitario

  • Músicas de salitre, 2004. Coa colaboración de Guillerme Fernández.
  • Coplas para Icía, 2007. Coa colaboración de Guadi Galego, Iván Costa, Pedro Lamas e Suso Iglesias.
  • The Tambourine Man, 2016. Coas Adufeiras de Salitre, Gutier Álvarez e Javier Álvarez.
  • Noró, 2018. Coas Adufeiras de Salitre, Gutier Álvarez e Javier Álvarez.
  • As catedrais silenciadas, 2020. Coas Adufeiras de Salitre

Con Berrogüetto

  • Kosmogonías, 2010
  • O Pulso da Terra, 2011

Con aCadaCanto

  • Acadacanto, 2012. Con Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xosé Lois Romero.
  • A rosa d'Adina, 2013. Con Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xosé Lois Romero.

Con Rumbadeira

  • Para cantar como eu canto, 1995.
  • Rumbadeira, 1997.
  • No faiado dos soños, 1999.

Con Nova Galega de Danza

  • Alento, 2005.
  • Engado, 2007.
  • Tradicción 2009.

Con Guillerme Fernández

  • Arrolos de salitre, 2011.

Colaboracións

  • Cantos na maré, 2005 e 2008.
  • Pelo gato vintecatro, Gaiteiros Galegos.
  • Benzón, 2009, de Guadi Galego.
  • Descarga ao vivo Cuba-Galiza, 2009.
  • Tic-Tac, 2010, de Pablo Díaz.
  • Terra de soños, de Fuxan os Ventos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia.

Ligazóns externas

  1. "Xabier Díaz estrena su nuevo disco en Vigo" (en castelán). 17 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de maio de 2020. 
  2. "Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre lanzan 'As catedrais silenciadas',". Nós Diario. 13 de marzo de 2020. Consultado o 1 de maio de 2020. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Xabier Díaz is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Xabier Díaz
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes