peoplepill id: wenceslao-cabezas-del-toro
WCDT
Spain
1 views today
1 views this week
Wenceslao Cabezas del Toro
Pandeireteiro e profesor de danza galego

Wenceslao Cabezas del Toro

The basics

Quick Facts

Intro
Pandeireteiro e profesor de danza galego
Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo, Spain
Age
82 years
The details (from wikipedia)

Biography

Wenceslao Cabezas del Toro, máis coñecido como Polo, nado no Berbés (Vigo) en 1943, é pandeireteiro galego e profesor de danza tradicional.

Formación

A súa formación no baile tradicional galego comezou en 1955 no Instituto Santa Irene de Vigo. En 1958 empezou a bailar no grupo Vento das Cíes, onde tivo como mestre o pandeireteiro de Sárdoma Xosé Iglesias Nieto, coñecido como Melitón. Compatibilizou a súa inicial dedicación ao baile e a pandeireta co traballo nos Estaleiros de Santo Domingo, ata que se puido dedicar profesionalmente á docencia da danza.

Traxectoria

Na danza tradicional

Formou diversos grupos de baile vinculados á Sección Femenina na bisbarra de Vigo e Tui. Entre 1969 e 1976 dirixiu o grupo folclórico Coros y Danzas de Redondela, co que acadou medalla de ouro en tres modalidades do Festival Regional Folclórico en 1973: ao mellor grupo, ao mellor grupo de gaitas e á mellor parella de baile. En 1975 o grupo gaña o campionato provincial e quedan finalistas no denominado Campeonato Nacional de Coros y Danzas. No Fondo de Música Tradicional IMF-CSIC, dirixido por Emilio Ros-Fábregas, consérvanse algunhas gravacións do NO-DO onde se aprecian a coreografía, o vestiario e a característica maneira de tocar a pandeireta do seu director, Polo: "Panderetada" (Redondela, 1972) e "Carballesa" (Redondela, 1976). Entre 1970 e 1987 dirixe o grupo de baile de Baiona.

En 1966 idea o Día da Muiñeira, celebración de exaltación do traxe e a danza tradicionais que reunía anualmente as agrupacións de baile da bisbarra de Vigo. Polo explica así como artellou a idea:

Xurdiu aproximadamente no ano 1966, despois de que fixen unha viaxe a Cataluña. Decateime de que todos os domingos, nas Ramblas de Barcelona, e na Praza de Cataluña a xente reuníase e bailaba a sardana. A min pareceume unha idea excelente e que aquí poderíamos facer algo similar.

Exerceu como profesor de baile en numerosos colexios. En 1979 o Concello de Vigo funda a Escola Municipal de Danza de Vigo, onde se ofrece formación en danza, canto popular e percusión tradicional, e Polo foi o seu director desde a súa creación. Diante do éxito de inscricións, Polo propón ampliar e descentralizar a escola abrindo novos lugares de formación en diversas escolas públicas da cidade. En 1982 ábrese no Seis do Nadal de Coia, Carrasqueira de Coruxo, A Dobrada no Calvario, e Santa Tegra en Teis, e no ano 1984 súmanse Pereiró, Sárdoma, San Salvador e Frian. A escola é unha das institucións que contribuíu de maneira decisiva á difusión da danza e da percusión tradicional en diversas xeracións de nenas e nenos. Desde 1986 o grupo de baile principal da escola, dirixido por Polo, é o histórico grupo de danza O Tarabelo, que fora creado en 1939. A escola promoveu o Festival dos Reencontros, no que participa o seu antigo alumnado, entre os que se inclúen Xela Conde, do grupo Ávalon; o percusionista e mestre de danza tradicional Alexandre Fernández Castro; o grupo de baile Asubío.

Na música tradicional

Creou o grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos, que xorde na Sección Femenina. Acompaña os grupos de danza dos que Polo é director. Gravou diversos álbums de música tradicional, dándolle moita relevancia á pandeireta e o pandeiro, habitualmente a cargo de Polo, e participou en numerosos certames de música e danza.

Compartiu escenario e gravacións acompañando coa pandeireta ou o pandeiro, entre outros, co gaiteiro Ricardo Portela, a quen homenaxeou en diversas ocasións, Carlos Núñez, The Chieftains, a Real Banda de Gaitas de Ourense, Real Coro Toxos e Flores e Coral de Ruada, así como a Coral Casablanca de Vigo.

Galardóns

Recibiu diversos premios e recoñecementos:

  • Premio da Reconquista de Vigo, en 1993.
  • Vigués distinguido en 1993, como integrante do grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos, e mais en 2005, como director da Escola Municipal de Danza de Vigo.
  • Medalla de Galicia, da Xunta de Galicia, en 1998.
  • Medalla de Honra do Gaiteiro de Soutelo, en 2003.
  • Premio César Dios “Diosiño” á música popular, da Deputación de Pontevedra, en 2011.

Familia

Pai de cinco fillas e un fillo, moitos deles dedicáronse á formación musical e a danza tradicionais: Carla, Mara e Belén Cabezas na Escola Municipal de Danza de Vigo, e Hipólito Cabezas, coñecido como Polito, na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Pontevedra.

Os seus netos Álvaro e Suso Costas comezaron no grupo de gaitas do avó e logo montaron o grupo de power folk Álvaro Costas Hot Band e mais The Crass, grupo revelación no Festival de Ortigueira en 2010.

Referencias

Aparece mencionado no libro de Nacho Mirás Fole, El mejor peor momento de mi vida, o cómo no rendirse antes una mala jugada del destino (Paidós, 2014).

Notas

  1. "Muere José Iglesias "Melitón", pandereteiro excepcional y vigués distinguido en 1995". Faro de Vigo. Consultado o 2018-07-09. 
  2. "Música e baile tradicional - Folk (Historia)". Anecdotario redondelán (en castelán). Consultado o 2018-07-09. 
  3. Faro de, Vigo. "Desde lo más alto del baile tradicional". Consultado o 2018-07-09. 
  4. "No-Do 136". 
  5. "No-Do 206". 
  6. "Por la BAIONA de ANTES - issuu". Issuu (en inglés). Consultado o 2018-07-09. 
  7. "Xornal Vigo: O Día da muiñeira congregará 2.600 participantes na rúa Venezuela". xornal.vigo.org. Consultado o 2018-07-09. 
  8. Europa Press. "220 grupos participarán en el Día de Muiñeira". Faro de Vigo. Consultado o 2018-08-27. 
  9. "«Ó meu pai non lle gustaba a miña dedicación ó baile»". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-08-22. Consultado o 2018-07-10. 
  10. Atlántico. "Wenceslao Cabezas: Más de medio siglo dedicado al folclore". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-07-09. 
  11. "Facendo Historia - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2018-07-09. 
  12. "A Escola Municipal de Danza organiza hoxe o Festival dos Reencontros no auditorio". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-04-29. Consultado o 2018-07-09. 
  13. "Xela". www.movidagalega.com. Consultado o 2018-08-27. 
  14. "Quén somos. Asociación Folclórica Cultural Asubío". asubio.org. Consultado o 2018-08-27. 
  15. Galiza, Sermos. "Honor ao mestre gaiteiro". Sermos Galiza (en inglés). Consultado o 2018-07-09. 
  16. Participou no dobre CD con libro, titulado Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre (Cumio, 2008). O traballo recolle pezas do repertorio de Ricardo Portela interpretadas por Óscar Ibáñez, Antón Corral, Os Alegres, Anxo Pintos, Juanjo Fernández, Iván Costa ou Patrick Molard, entre outros. E fragmentos de conversas con amigos e compañeiros de Portela como Melitón, Amando Fontán, Maximino Souto e o propio Wenceslao Cabezas del Toro.
  17. "Fotografías da gravación “Aires de Pontevedra”". Rubén Troitiño. 2017-06-06. Consultado o 2018-08-27. 
  18. "Oscar Ibáñez & Tribo". Flickr (en castelán). 2018-01-21. Consultado o 2018-08-27. 
  19. "CONCIERTO DE CARLOS EN PONTEVEDRA". Carlos Núñez (en castelán). Consultado o 2018-07-09. 
  20. "The Chieftains - Santiago". Discogs (en castelán). Consultado o 2018-07-09. 
  21. Coral de Ruada. "2003 - 2005: Dirección de JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-10. 
  22. "2003 - 2005: Dirección de JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-08-27. 
  23. "Resolución, del DOG nº 108 de 08/06/1998 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2018-07-10. 
  24. [email protected]. "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". www.depontevedra.es. Consultado o 2018-07-10. 
  25. "«Rocky» suena a gaita con Álvaro Costas & Hot Band". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-04-18. Consultado o 2018-07-10. 

Véxase tamén

Gravacións

Outros artigos

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Wenceslao Cabezas del Toro is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Wenceslao Cabezas del Toro
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes