Virgilio Trabazo Serapio
Quick Facts
Biography
Virgilio Trabazo Serapio, nado en Meaño, foi un profesor e político galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi axudante de clases prácticas da Facultade de Ciencias desa Universidade. Foi nomeado catedrático auxiliar de Ciencias do Instituto de Tortosa en 1928. En 1932 foi nomeado catedrático de Agricultura do Instituto de Lugo, pasando en 1934 a desempeñar o mesmo posto no Instituto de Vigo. Foi proclamado candidato por Acción Republicana para as eleccións de novembro de 1933, integrouse despois en Izquierda Republicana, sendo elixido tesoureiro do Consello Provincial de IR de Lugo en abril de 1934, e secretario local do partido en Vigo en xaneiro de 1936. Foi presidente do Ateneo de Vigo, e vocal do Comité Pro-Autonomía de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado do servizo e baixa no escalafón, e abríronlle expediente por responsabilidades políticas en 1939. En setembro de 1936 exiliouse con toda a familia na Arxentina, onde viviu e traballou durante case 16 anos, ata que regresou a España logo de que as autoridades educativas franquistas lle conmutaran a sanción de separación definitiva por traslado forzoso fora de Galicia durante cinco anos e inhabilitación para exercer cargos directivos e de confianza. Foi profesor dos institutos de Oviedo, Ourense e Pontevedra.
Vida persoal
Casou en Meaño en 1928 con Ángeles Calviño Salazar.
Notas
- ↑ El Ideal Gallego, 13-2-1927, p. 5.
- ↑ El Progreso, 5-9-1928, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-9-1932, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-9-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-4-1934, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-1-1936, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-6-1936, p. 2.
- ↑ BOE, 27-2-1937
- ↑ El Compostelano, 29-11-1939, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-9-1928, p. 13.