Victoriano Marcos
Quick Facts
Biography
Victoriano Marcos Alonso, nado en Ourense o 20 de outubro de 1903 e finado en México en 1958, foi un político e militar galego.
Traxectoria
Fillo de José Marcos. Empregado de Banca na sucursal do Banco de España de Ourense, onde colaborou en La Zarpa. Membro do Sindicato de Banca da UGT dende 1931. Despois trasladouse ao Banco de España en Santiago de Compostela, onde foi presidente do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega e redactor do seu órgano Galicia Federal. A finais de 1932 foi trasladado a Madrid. Estivo exiliado na Unión Soviética pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934. Regresou a Madrid en 1936 e ingresou no PSOE.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 incorporouse ás Milicias, tomou o mando do batallón Largo Caballero, constituído o 2 de agosto, e participou na guerra co grao de maior. Durante a guerra pertenceu ao PCE. Ao rematar foi detido e condenado en Consello de Guerra celebrado en Alcalá de Henares en setembro de 1939, a 30 anos de prisión. Pasou polas cadeas de Alcalá de Henares (1939), Fuerte San Cristóbal de Pamplona (1940), Figueirido-Pontevedra (agosto 1940 a xuño 1943), Ourense (xuño a setembro 1943) e Burgos, ata que en marzo de 1944 saiu en liberdade vixiada. Foi detido novamente en febreiro de 1945, pasando polas cadeas de Ourense e A Coruña. Saiu en liberdade provisional en xullo de 1946 marchando a Madrid, onde contactou coa organización socialista clandestina. En novembro de 1947 exiliouse en México. Pertenceu á Agrupación Socialista Española do PSOE. Morreu en 1958 en accidente de coche cando viaxaba a Puebla.