Vicente Díaz Veiga
Quick Facts
Biography
Vicente Díaz Veiga, nado en Valdoviño en 1899, foi un político galego.
Traxectoria
Emigrante en Cuba, retornou a Galicia coa República. Organizador agrario da zona de Valdoviño, foi desterrado á Coruña. Afiliado á CNT, colaborou en Solidaridad Obrera, Brazo y Cerebro e Solidaridad, impulsou Orientación e dirixiu Germinal. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido, ao ser liberado escapou a Valdoviño onde estivo agochado. Detido novamente, foi xulgado en Ferrol por rebelión militar, sendo condenado a pena de morte. Conmutaron a sentenza por cadea perpetua. Ao saír da prisión actuou como enlace da guerrilla en contacto con militantes da ANFD. Denunciado polo infiltrado Pablo Alejo Mora foi detido a finais de 1947 e xulgado por auxilio á guerrilla en outubro de 1948. Foi condenada a catro anos de prisión menor. Volveu a Valdoviño e traballou como perito agrícola. Escribiu na República La pantalla del cristianismo e Los nuevos regadíos e La crucifixión del labrego (1966) despois de saír do cárcere.