Vanessa Glemsel
Quick Facts
Biography
Vanesa Ferreira, nada en Castrelos (Vigo) en 1987, é unha creadora, docente e editora galega, máis coñecida como Vanessa Glemsel.
Traxectoria
Graduada en Estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo e posgraduada en Xestión e Planificación Editorial. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Nuria Vilán Prado. Participou na creación e representación da peza de intervención escénica Campo de Batalla do Grupo F, colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba canda outras poetas (Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro e Nuria Vilán), ademais de en múltiples festivais e eventos poéticos nacionais e internacionais. Realizou traducións para o escenario e o audiovisual. Colabora na organización e produción de eventos culturais e desenvolve proxectos de edición, fundadora e directora do selo Edicións e Producións Fetiche. Colaborou na organización e produción de distintos eventos culturais vencellados á arte e á cultura. Interveu como colaboradora na revista Tempos Novos. Imparte aulas lingua, cultura e literatura galega como lectora na Universidade de Estremadura, un curso de Escrita e Tradición literaria galega na escola de escrita creativa Aliteraclara, alén de diversos obradoiros de creación relacionados coa literatura e a escena.
Obras
Poesía
- Sutura, Urutau, 2019.
Obras colectivas
- Dentes para a mazá, Chan da Pólvora, 2018
- Trobeir*s do século XXI, Chan da Pólvora, 2019
Notas
- ↑ Vanessa Glemsel en Facendo libros.
- ↑ Sutura
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Vanessa Glemsel na web de Editora Urutau.
- "A sutura como constatación da ferida" por Silvia Penas en Tempos novos
- “deitada no chan da cociña, inmóbil, imito a morte”, entrevista con Vanessa Glemsel
- "Sobre os tomates e as flores" por Nuria Vilán Prado en A SEGA
- "'Sutura', de Vanessa Glemsel, é "unha viaxe cara á luz a través das enfermidades mentais" na CRTVG